O misterio do barco perdido
O misterio do barco perdido é unha novela policíaca de Carlos González Reigosa, publicada en 1988. É a segunda entrega da saga do detective Nivardo Castro xunto co xornalista Carlos Conde.
O misterio do barco perdido | |
---|---|
Autor/a | Carlos González Reigosa |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Colección Negra |
Xénero(s) | Novela policíaca |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 1988 |
Formato | 14,5 x 22 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 248 |
ISBN | ISBN 978-84-9782-238-1 |
Precedido por | Crime en Compostela |
Seguido por | A guerra do tabaco |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarÓ detective Nivardo Castro encárganlle que investigue a desaparición do "Cadanseu", un barco pesqueiro que se supón naufragado no océano fronte ó Sáhara. Malia que non se descobre resto del nin dos seus tripulantes, o armador quere investigar o asunto porque o seu fillo ía no barco.
Nivardo pídelle axuda ó seu amigo Carlos Conde, xornalista. Tras pasar polas illas Canarias e por Madrid, comezarán un periplo maior, indo a Exipto e a Beirut, onde coñecerán desde dentro o tráfico internacional de armas e as loitas internas entre diferentes faccións, así como a trepidante actividade dos taxistas fronte á calma dos agricultores das beiras do río Nilo.
Logo de estar no medio dunha dura batalla con rifles de asalto, da que escapan de milagre, descobren que foron utilizados por un home poderoso. Sexa un triunfo ou sexa un fracaso, acaban descubrindo que o seu traballo está feito.