Nacho Carretero
Nacho Carretero Pou, nado na Coruña en 1981, é un xornalista galego.
Nacho Carretero | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1981 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
Coñecido por | Fariña |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Comezou a traballar en redaccións de varios medios e despois pasou a ser freelance para medios como JotDown[1], XL Semanal, Gatopardo ou El Mundo. Realizou reportaxes sobre o narcotráfico en Galicia, o xenocidio de Ruanda, o virus Ebola en África, a guerra de Siria, a Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia[2] ou o Deportivo da Coruña.
Do seu libro sobre o narcotráfico en Galicia, Fariña (2015), fíxose unha serie de televisión co mesmo nome (Fariña) estreada en Antena 3 o 28 de febreiro de 2018,[3] unha semana despois de que o libro sufrira un secuestro cautelar por orde da xuíza de Collado Villalba Alejandra Pontana, logo de que o exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar denunciase o autor por suposta vulneración do seu dereito á honra.[4] O libro colocouse no número un de vendas e a serie acadou unha grande audiencia.[5][6]
ObraEditar
- Fariña. Historia e indiscreciones del narcotráfico en Galicia (Libros del K.O., 2015).[7]
- Nos parece mejor (Libros del K.O., 2018), sobre a historia do Deportivo da Coruña.[8]
- En el corredor de la muerte (Espasa, 2018)[9]
NotasEditar
- ↑ Artículos escritos por Nacho Carretero, na web de JotDown (en castelán).
- ↑ "Nacho Carretero, sobre los incendios en Galicia", reportaxe en La Sexta, 8 de febreiro de 2018 (en castelán).
- ↑ "Así fue la visita del escritor y periodista Nacho Carretero al rodaje de 'Fariña'", artigo na web de Antena 3.
- ↑ "Unha xuíza ordena o secuestro do libro "Fariña" a petición dun ex alcalde do Grove", artigo en Pontevedra Viva, 21 de febreiro de 2018.
- ↑ "'Fariña' sitúase como libro máis vendido en Amazon tras anunciarse o seu secuestro". 21/02/2018. Consultado o 21/02/2018.
- ↑ "Las cinco claves del éxito de 'Fariña', la serie sobre el narcotráfico gallego que ha conquistado a la audiencia" (Antena 3) (en castelán).
- ↑ Ficha na web da editorial.
- ↑ Ficha na páxina web da editorial.
- ↑ "En el corredor de la muerte". Planeta de Libros (en castelán).
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Nacho Carretero no Twitter
- Biografía do autor na páxina web da editorial Libros del K.O. (en castelán).