O efecto Streisand é un fenómeno de Internet no que unha tentativa de censura ou agocho de certa información fracasa ou é ata contraproducente para o censor, posto que esta acaba sendo amplamente divulgada, recibindo maior publicidade da que tería se non se pretendese agochar.

Foto realizada polo California Coastal Records Project da liña de costa na que está o Streisand Estate.

Normalmente, estes intentos de censura diríxense cara a fotos, ficheiros ou páxinas web, especialmente mediante cartas que ameazan con emprender accións legais por parte do censor. Lonxe de ser eliminada, a dita información recibe moita publicidade, e acaba sendo rapidamente distribuída a través de blogs, sitios de novas ou sistemas P2P.

Este efecto ocorre, segundo o experto en Internet John Gilmore, porque a rede interpreta a censura coma un dano ou ataque cara a ela.

Orixe editar

O termo ten a súa orixe nun incidente ocorrido en 2003 cando a actriz Barbra Streisand denunciou por 50 millóns de dólares ao fotógrafo Kenneth Adelman e á páxina pictopia.com por unhas fotografías aéreas da costa de California na que se vía a súa casa, esixindo que se retirase a foto xa que violaba a súa privacidade. A polémica co tempo fixo que a foto se fixese coñecida e o caso moi comentado.

Casos editar

En 2013 a estación de radio militar de Pierre-sur-Haute atraeu o interese dos medios despois de coñecerse que a Dirección Central da Información Interior (máis coñecida polas súas siglas en francés DCRI, Direction Centrale du Renseignement Intérieur), a axencia de intelixencia francesa, tentou suprimir o artigo da Wikipedia en francés que falaba sobre o complexo.

Efecto Streisand en Galiza editar

En 2010 o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, en FITUR referiuse ao concello de Sobrado como Desván de los Monjes. O feito foi comentado pola prensa e negado polo conselleiro o que xunto co vídeo lle deu gran sona.[1][2][3][4]

En marzo de 2013 a CRTVG ameazou a unha páxina web de seareiros do Xabarín Club de emprender accións legais se esta non pechaba en sete días. A CRTVG alegaba uso ilícito das súas marcas rexistradas "Xabarín Club", "Xeración Xabarín" e "Xabarín News".[5] A información do peche da páxina web chegou a diversas redes sociais e medios de comunicación de ámbito galego.[6]

En febreiro de 2018 o libro Fariña, do xornalista coruñés Nacho Carretero, multiplicou as súas vendas despois de que o xulgado de Instrución número 7 de Collado Villalba (Madrid) ordenase o seu secuestro o estimar a denuncia realizada por Alfredo Bea Gondar, que foi alcalde do Grove nos anos 80.[7]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar