Antena 3
Antena 3 é unha canle de televisión xeralista privada española propiedade de Atresmedia que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel.
Antena 3 | |
---|---|
Inicio das emisións | 25 de xaneiro de 1990 |
Propiedade de | Atresmedia Televisión |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
Datos de audiencia | 14,2% (setembro de 2021, Kantar Media) |
Slogan | La tele abierta |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Escala nacional |
Sede central | San Sebastián de los Reyes |
Canle/s irmá(s) | laSexta Neox Nova Nitro(Desaparecida) Xplora(Desaparecida) laSexta3(Desaparecida) Antena 3 HD laSexta HD |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | 69 |
Satélite | |
Digital+ | Dial 13 |
Cable | |
ONO | Dial 3 |
R | Dial 113 |
Euskaltel | Dial 3 |
Telecable | Dial 3 |
IPTV | |
Imagenio | Dial 3 |
Orange TV | Dial 3 |
Jazztelia TV | Dial 3 |
Televisión por Internet | |
En directo | En directo |
Na rede
| |
Páxina web de Antena 3 | |
O 25 de decembro de 1989 iniciou as súas emisións en probas, sendo a primeira cadea privada en emitir para toda España. As súas emisións regulares en analóxico comezaron o 25 de xaneiro de 1990, cun programa presentado polo xornalista Miguel Ángel Nieto.
Pola canle pasaron importantes presentadores e xornalistas como Jesús Hermida, Mercedes Milá, Jesús Vázquez, Constantino Romero, Paula Vázquez, José María Carrascal, Alfonso Arús, Ana Rosa Quintana, Silvia Jato, Olga Viza, Montserrat Domínguez, Alicia Senovilla, Carlos Sobera, María Teresa Campos ou Andreu Buenafuente.
Os seus estudos centrais están situados en San Sebastián de los Reyes, na Comunidade de Madrid.
Historia
editarTelevisión analóxica
editarAntena 3 nace cando o goberno de Felipe González abre o concurso para dar tres licenzas de televisión privada. Antena 3 xa comezara a súa andaina no territorio das comunicacións por medio de Antena 3 Radio.
Tras gañar unha das tres licenzas de televisión, as outras dúas foron para Telecinco e Canal +, comezou as súas emisións en setembro de 1989. O seu inicio causou grande expectación a nivel nacional polo nacemento dunha nova cadea. Dende mediados dos anos 90 emitiu programación en desconexión para Galicia. En marzo de 1996 pon en marcha o espazo de reportaxes Galicia a fondo. En 1999 comeza a emitir un informativo diario para a comunidade, este espazo estivo dirixido e presentado por Luis Fraga; este espazo desapareceu no verán de 2004.
Un dos seus maiores éxitos foi a retransmisión do Mundial de Fútbol, xa que foi a primeira canle privada de Europa que o emitía.
Contribuíron ao éxito da cadea programas novidosos como:
- Farmacia de guardia
- The Simpsons
- Buenafuente
- Aquí no hay quien viva
- Pasión de gavilanes
- Sorpresa, Sorpresa
Televisión Dixital Terrestre
editarTrala aparición da TDT a Antena 3 concedéronselle tres canles, denominadas Neox, Nova e Mega. Estas canles conteñen programación variada, que xeralmente son reposicións de series, programas ou concursos de Antena 3 ou contidos de produción propia ou americana.
Tras a fusión con laSexta, a oferta de canles de televisión do grupo xurdido aumentou ata oito: Antena 3, laSexta, Neox, Nova, Nitro, Xplora, laSexta3 e Gol Televisión (incluíndo Antena 3 HD e laSexta HD, versións en alta definición das canles principais).
Audiencias
editarEvolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaboradas en España por TNS.[1][2] Están en letra grosa e verde os meses en que foi líder de audiencia.
Ano | Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro | Media anual |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1990 | 1,2%** | 2,4% | 2,6% | 2,2% | 2,8% | 3,7% | 3,8% | 4,2% | 4,8% | 4,7% | 6,0% | 7,1% | 3,8% |
1991 | 7,6% | 8,3% | 8,8% | 9,5% | 9,9% | 9,5% | 10,2% | 11,7% | 11,2% | 10,8% | 11,7% | 11,8% | 10,1% |
1992 | - | - | - | - | 13,7% | 14,8% | - | - | 18,0% | 17,6% | 18,6% | 19,2% | 14,7% |
1993 | 17,8% | 17,9% | 17,6% | 17,3% | 18,0% | 18,6% | 21,5% | 24,5% | 24,5% | 23,9% | 25,2% | 26,8% | 21,1% |
1994 | - | - | - | 27,3% | 27,8%* | 26,5% | - | - | - | - | - | - | 25,7% |
1995 | - | - | - | 27,4% | - | - | - | - | 25,8% | 26,9% | 26,0% | - | 26,0% |
1996 | 25,9% | 25,6% | 24,3% | 24,3% | 24,3% | 25,8% | 24,5% | 25,0% | 25,8% | 25,7% | 24,3% | 24,1% | 25,0% |
1997 | 23,5% | 22,5% | 23,6% | 23,3% | 22,4% | 22,1% | 21,1% | 22,5% | 23,6% | 23,0% | 22,5% | 22,4% | 22,7% |
1998 | 22,6% | 23,2% | 23,3% | 23,0% | 23,2% | 22,7% | 23,9% | 23,4% | 21,8% | 21,6% | 22,2% | 23,0% | 22,8% |
1999 | 22,4% | 22,4% | 23,5% | 23,1% | 22,4% | 22,8% | 23,0% | 21,0% | 22,3% | 22,3% | 23,4% | 23,8% | 22,8% |
2000 | 23,3% | 22,7% | 22,3% | 21,6% | 20,0% | 21,0% | 20,0% | 21,0% | 21,6% | 21,1% | 22,1% | 21,4% | 21,5% |
2001 | 20,9% | 20,6% | 20,3% | 19,9% | 19,8% | 20,3% | 21,1% | 21,1% | 20,3% | 20,4% | 20,5% | 20,2% | 20,4% |
2002 | 20,5% | 19,8% | 21,9% | 21,4% | 19,4% | 22,3% | 19,3% | 20,6% | 19,6% | 19,1% | 19,3% | 19,3% | 20,2% |
2003 | 19,2% | 20,4% | 19,6% | 18,8% | 19,0% | 19,5% | 19,9% | 20,2% | 19,8% | 18,7% | 19,2% | 19,9% | 19,5% |
2004 | 19,7% | 20,6% | 19,9% | 19,7% | 20,0% | 21,7% | 21,1% | 20,8% | 21,4% | 22,3% | 21,4% | 21,3% | 20,8% |
2005 | 21,1% | 21,3% | 20,8% | 20,2% | 20,2% | 20,6% | 21,0% | 22,0% | 21,5% | 21,9% | 21,8% | 22,7% | 21,3% |
2006 | 21,9% | 21,1% | 20,3% | 20,6% | 19,9% | 18,2% | 18,7% | 18,6% | 18,0% | 18,3% | 18,7% | 18,2% | 19,4% |
2007 | 18,2% | 18,4% | 18,2% | 17,5% | 17,5% | 17,4% | 17,6% | 18,0% | 16,2% | 16,2% | 16,9% | 17,1% | 17,4% |
2008 | 16,9% | 16,8% | 15,9% | 16,3% | 16,0% | 14,9% | 16,0% | 15,6% | 15,8% | 15,8% | 16,4% | 16,1% | 16,0% |
2009 | 15,5% | 15,3% | 15,2% | 15,3% | 15,2% | 15,0% | 15,4% | 14,8% | 13,8% | 13,8% | 13,8% | 13,7% | 14,8% |
2010 | 12,8% | 12,6% | 12,2% | 11,5% | 11,9% | 11,6% | 11,2% | 11,0% | 10,9% | 11,4% | 11,3% | 11,6% | 11,7% |
2011 | 11,6% | 11,3% | 11,3% | 11,1% | 10,6% | 11,0% | 10,7% | 11,3% | 11,9% | 12,1% | 12,8% | 12,4% | 11,5% |
2012 | 12,4% | 12,2% | 12,4% | 12,2% | 12,0% | 11,8% |
* Máximo histórico | ** Mínimo histórico
Notas
editar- ↑ FormulaTV - Audiencias
- ↑ "Videorating - Informe de audiencias". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2009. Consultado o 10 de xullo de 2011.