Montserrat Domínguez

Xornalista e presentador español

Montserrat Domínguez, nada en Madrid en 1963, é unha xornalista española.

Montserrat Domínguez
Nome completoMaría Montserrat Domínguez Montolí
Nacemento1963
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterFacultade de Ciencias da Información e Universidade de Columbia
Ocupaciónxornalista, locutora de radio e presentadora de televisión
PremiosAntena de Ouro 2009
Na rede
IMDB: nm1570470 Twitter: MontDeMont LinkedIn: montserrat-dominguez-60794828 Dialnet: 3177247 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente cursou un mestrado en Xornalismo pola Universidade de Columbia.

 
Fotografada en 2010 xunto a Gemma Nierga, Carles Francino, José Luis Rodríguez Zapatero e Àngels Barceló.

A súa carreira como xornalista iniciouse nos informativos de Radio España en 1987. Traballou na Axencia EFE, Canal +, Telecinco e Antena 3 Televisión.

Etapa en Telecinco editar

Presentou os informativos de fin de semana e da edición de noite das Noticias. En 2001 presentou o faladoiro matinal La mirada crítica.

Etapa en Antena 3 Televisión editar

En 2004 abandona La mirada crítica, deixando o seu posto a Vicente Vallés, e ficha para dirixir e presentar un programa homólogo en Antena 3 Televisión: Ruedo Ibérico, programa que se ocupaba da actualidade social e política, con entrevistas e unha mesa de faladoiro.

En visto dos negativos resultados acadados polo programa, Antena 3 decidiu substituílo por unha edición diaria de Espejo público, que ata entón se emitía nas tardes dos domingos presentado por Sonsoles Suárez. Susanna Griso é a condutora desta nova versión do espazo.

Trala retirada de Ruedo Ibérico, Montserrat Domínguez segue estando vinculada á cadea dirixindo Las Noticias de la Mañana.

HuffingtonPost editar

En maio de 2012 pasa a ocupar o posto de Directora Editorial de El HuffPost de The HuffingtonPost Holdings LLC, posto que mantivo durante 6 anos ata xuño de 2018.

Grupo Prisa editar

En xuño de 2018 pasa a ser a Responsable de El País Semanal e da coordinación das revistas de fin de semana S Moda, Icon, Buena Vida, Retina e Ideas do propio grupo editorial.

Dende xuño de 2021 é a Directora de Contidos da Cadena SER.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar