ONO
ONO (Vodafone Ono S.A.U.[1]) era unha empresa filial de telecomunicacións de Vodafone España S.A.U., que opera en España desde 1998. Ofreceu servizos integrados de voz, televisión de pago e Internet a través da súa propia rede de cable de banda ancha.
ONO | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
![]() | |||
Tipo | negocio e empresa ![]() | ||
Forma xurídica | S.A.U. ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Propietario/a | Vodafone Spain (en) ![]() ![]() | ||
Matriz | Vodafone ![]() | ||
Actividade | |||
Industria | industria da telecomunicación e industria de telefonía móbil ![]() | ||
Produtos
| |||
Data | |||
Fundación | 29 de setembro de 1998 ![]() | ||
Disolución | 1 de xaneiro de 2018 ![]() | ||
Cronoloxía | |||
Sucedido por | Vodafone Spain (en) ![]() ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Madrid ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | ono.es ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
ONO adquiriu diversas empresas de telecomunicacións, sendo a compra máis importante a de Auna en novembro de 2005, para converterse na empresa de cable máis importante de España[Cómpre referencia]. Úneselle ademais o servizo de telefonía móbil, e abrangue a licenza de OMV grazas a un acordo con Telefónica.
Presidida durante moitos anos por Eugenio Galdón, en 2008 foi substituído polo galego Xosé María Castellano. No ano 2014 tras comprar Vodafone España o grupo Ono por 7200 millóns de euros, Antonio Coimbra, conselleiro delegado de Vodafone España, converteuse en conselleiro delegado de Ono.[2]
Notas
editar- ↑ Aviso Legal. Páxina web de Ono. Recuperada o 28 de xullo de 2015 (en castelán).
- ↑ Vodafone formaliza la compra de Ono y preparan ya sus primeras ofertas conjuntas. www.eleconomista.es, 23/07/2014 (en castelán).