Aquí no hay quien viva
Aquí no hay quien viva é unha serie de televisión española de ficción baseada no humor, emitida en Antena 3 desde o 7 de setembro de 2003 ata o 6 de xullo de 2006.
Aquí no hay quien viva | |
---|---|
Formato | Comedia |
Intérpretes | Malena Alterio Laura Pamplona José Luis Gil Loles León Sofía Nieto Eduardo García Joseba Apaolaza Emma Penella Mariví Bilbao Gemma Cuervo Cook Luis Merlo Fernando Tejero Guillermo Ortega Isabel Ordaz Beatriz Carvajal Elio González Eduardo Gómez Eva Isanta Adriá Collado Vanesa Romero Roberto San Martín Nacho Guerreros Nicolás Dueñas Emma Ozores Ricardo Arroyo Elena Lombao Pablo Chiapella Denise Maestre María Adánez Daniel Guzmán Diego Martín |
País de orixe | España |
Episodios | 90 (en 5 tempadas) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | José Luis Rodríguez Moreno |
Localización(s) | Moraleja de Enmedio (Madrid) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 7 de setembro de 2003 |
Derradeiro episodio | 6 de xullo de 2006 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Narra a vida dunha peculiar comunidade de veciños de «Desengaño 21»: tres pisos, dúas casas por piso, unha portería e un local contiguo. A serie foi creada por Alberto e Laura, sobriños de José Luis Rodríguez Moreno, produtor da serie.
A serie estivo en prime time durante cinco tempadas na cadea de televisión Antena 3. Despediuse definitivamente nesta cadea en xullo de 2006, tras 90 capítulos, como unha das series máis exitosas da historia, chegando a obtenir o 40% de cota de pantalla e como a serie máis vista da década.[1] Actualmente emítese en Telecinco La que se avecina, a súa adaptación, con gran parte do equipo de actores, guionistas, produtores e técnicos de Aquí no hay quien viva.
Características
editarFoi creada por Alberto e Laura, sobriños de José Luis Rodríguez Moreno, produtor da serie. Ademais foi producida pola produtora deste, Miramón Mendi. Algúns viron similitudes do argumento con 13, Rue do Percebe, tira cómica creada por Francisco Ibáñez.[2]
A súa banda sonora foi composta e interpretada a cappella polo grupo Vocal Factory. A serie despediuse definitivamente da súa audiencia en xullo de 2006 trala emisión de 90 capítulos.
Elenco de actores
editar- Eduardo Gómez, como Mariano Delgado
- Fernando Tejero, como Emilio Delgado
- Gemma Cuervo, como Vicenta Benito
- Mariví Bilbao, como Marisa Benito
- Emma Penella, como Concha de la Fuente
- Luis Merlo, como Mauricio Higalgo "Mauri"
- Adrià Collado, como Fernando Navarro
- José Luis Gil, como Juan Cuesta
- Isabel Ordaz, como Isabel Ruiz "la Hierbas"
- Sofía Nieto, como Natalia Cuesta
- Eduardo García, como José Miguel Cuesta "Josemi"
- Roberto San Martín, como Yago "el Sabrosón"
- Ricardo Arroyo, como Higinio Heredia
- Emma Ozores, como Mamen Heredia
- Denise Maestre, como Candela Heredia
- Elena Lombao, como Raquel Heredia
- Pablo Chiapella, como Alfonso Heredia "Moncho"
- Nicolás Dueñas, como Rafael Álvarez "Batman"
- Malena Alterio, como Belén López "la Golfa"
- Eva Isanta, como Beatriz Villarejo "Bea"
- Vanessa Romero, como Ana "Inga"
- Beatriz Carvajal, como María Jesús Vázquez "la Torrijas"
- Elio González, como Pablo Guerra
- Guillermo Ortega, como Paco
- María Adánez, como Lucía Álvarez "la Pija"
- Daniel Guzmán, como Roberto Alonso
- Marta Belenguer, como Alba
- Laura Pamplona, como Alicia Sanz
- Juan Díaz, como Álex Guerra
- Santiago Ramos, como Andrés Guerra
- Joseba Apaolaza, como Armando Cortés
- Diego Martín, como Carlos de Haro
- Llum Barrera, como Carmen Villanueva
- Mariano Alameda, como Diego Álvarez
- Elisa Matilla, como Lola
- Carmen Balagué, como Nieves Cuesta "la Chunga"
- Loles León, como Paloma Hurtado
- Vicenta N'Dongo, como Rocío
- María Almudéver, como Rosa Izquierdo
- Elisa Drabben, como Rebeca Cortés
Capítulos e audiencias
editarTempada | Capítulos | Estrea | Final | Audiencia media | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Share | ||||||
1 | 17 | 7 de setembro de 2003 | 31 de decembro de 2003 | 5 354 000 | 32,2% | ||
2 | 14 | 24 de marzo de 2004 | 30 de xuño de 2004 | 5 899 000 | 31,6% | ||
3 | 33 | 6 de outubro de 2004 | 29 de xuño de 2005 | 6 892 000 | 37,1% | ||
4 | 14 | 9 de novembro de 2005 | 22 de febreiro de 2006 | 6 389 000 | 35,2% | ||
5 | 13 | 6 de abril de 2006 | 6 de xullo de 2006 | 5 000 000 | 31,9% | ||
Total | 90 | 2003 | 2006 | 5 907 000 | 33,6% |
- Programa líder na súa franxa horaria.
- Máximo histórico de audiencia.
Premios e nomeamentos
editar2003
editar- Premios ATV
- Nomeamento ao Premio ATV á mellor interpretación masculina para Fernando Tejero.
- Nomeamento ao Premio ATV ao mellor guión.
- Fotograma de Prata á mellor actriz de televisión para Loles León.
- Nomeamento ao Fotograma de Prata ao mellor actor de televisión para Fernando Tejero.
- TP de Ouro á serie revelación.
- Nomeamento ao TP de Ouro ao mellor actor para Luis Merlo.
- Nomeamento ao TP de Ouro á mellor serie nacional.
- Premio da Unión de Actores ao mellor actor protagonista de televisión para Fernando Tejero.
- Premio da Unión de Actores ao mellor actor secundario de televisión para Luis Merlo.
- Premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria de televisión para Malena Alterio.
- Nomeamento ao Premio da Unión de Actores á mellor actriz protagonista de televisión para Loles León.
- Nomeamento ao Premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria de televisión para Mariví Bilbao.
- Premios Zapping
- Nomeamento ao Premio Zapping ao mellor actor de televisión para Fernando Tejero.
- Premio Micrófono de Ouro de televisión.
- Premio Gayo ao mellor actor de televisión para Luis Merlo.
- Nomeamento ao Premio Gayo á mellor actriz de televisión para Loles León.
- Nomeamento ao Premio Gayo á mellor serie de televisión.
2004
editar- Premio Ondas á mellor serie española.
- Premio ATV á mellor interpretación masculina para Luis Merlo.
- Premio ATV á mellor interpretación feminina para Malena Alterio.
- Premio ATV ao mellor guión.
- Premio ATV ao mellor programa de ficción.
- Nomeamento ao Premio ATV á mellor interpretación masculina para Fernando Tejero.
- Nomeamento ao Premio ATV á mellor dirección.
- Nomeamento ao Premio ATV á mellor produción.
- Fotograma de Prata ao mellor actor de televisión para Fernando Tejero.
- Nomeamento ao Fotograma de Prata ao mellor actor de televisión para Luis Merlo.
- Nomeamento ao Fotograma de Prata á mellor actriz de televisión Malena Alterio.
- TP de Ouro ao mellor actor para Fernando Tejero.
- TP de Ouro á mellor serie nacional.
- Nomeamento ao TP de Ouro ao mellor actor para Luis Merlo.
- Nomeamento ao TP de Ouro á mellor actriz para Mariví Bilbao.
- Premio da Unión de Actores á mellor actriz protagonista de televisión para María Adánez.
- Premio da Unión de Actores ao mellor actor secundario de televisión para Eduardo Gómez.
- Premio da Unión de Actores ao mellor actor secundario de televisión para Guillermo Ortega.
- Premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria de televisión para Mariví Bilbao.
- Nomeamento ao Premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria de televisión para Laura Pamplona.
- Nomeamento ao Premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria de televisión para Gemma Cuervo.
- Nomeamento ao Premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria de televisión para Eva Isanta.
- Premio Cidade de Benalmádena á mellor serie de ficción.
- Premio Gayo ao mellor actor de televisión para Luis Merlo.
- Nomeamento ao Premio Gayo ao mellor actor de televisión para Mariano Alameda.
- Nomeamento ao Premio Gayo á mellor actriz de televisión para Eva Isanta.
- Nomeamento ao Premio Gayo á mellor serie de televisión.
2005
editar- Premio ATV á mellor interpretación feminina para Mariví Bilbao.
- Nomeamento ao Premio ATV á mellor dirección.
- Nomeamento ao Premio ATV ao mellor guión.
- Nomeamento ao Premio ATV ao mellor programa de ficción.
- TP de Ouro á mellor serie nacional.
- Nomeamento ao TP de Ouro ao mellor actor para Luis Merlo.
- Premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria de televisión para Isabel Ordaz.
- Nomeamento ao Premio da Unión de Actores ao mellor actor protagonista para José Luis Gil.
- Premio Gayo ao mellor actor de televisión para Luis Merlo.
- Nomeamento ao Premio Gayo á mellor serie de televisión.
2006
editar- Premio da Unión de Actores ao mellor actor protagonista de televisión para José Luis Gil.
- Premios Gayo
- Nomeamento ao Premio Gayo á mellor serie de televisión.
- Nomeamento ao Premio Gayo ao mellor actor de televisión para Luis Merlo.
- Nomeamento ao Premio Gayo á mellor actriz de televisión para Eva Isanta.
Notas
editar- ↑ Ramiro Vera (27 de decembro de 2010). "Fútbol e 'realities', o máis visto da década". Público. Consultado o 29 de decembro de 2010.
- ↑ 20 Minutos ABC El Mundo
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aquí no hay quien viva |