Fernando Tejero

actor español

Fernando Tejero, nado o 24 de febreiro de 1967 en Córdoba, é un actor español. É coñecido polo seu papel na existosa comedia Aquí no hay quien viva, emitida por Antena 3 entre 2003 e 2006, e que o converteu nun dos actores de moda en España.[Cómpre referencia]

Fernando Tejero
Nacemento25 de febreiro de 1967
LugarCórdoba
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor e actor de televisión
Na rede
IMDB: nm1234572 Allocine: 101271 Allmovie: p365993
Twitter: fertejerom Musicbrainz: 6df7fe4e-f060-4062-b19e-5f2faaa4886f Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Córdoba, onde transcorreu a súa infancia e adolescencia, decidiu deixar atrás o seu traballo na peixaría que rexentaba a súa familia para trasladarse a Madrid e probar sorte no mundo da interpretación. Matriculouse na Escola de Cristina Rota, entrando en contacto co seu amigo, o actor Alberto San Juan e coa compañía teatral deste, Animalario, da que tamén formaban parte outros actores coma Ernesto Alterio, Andrés Lima e Guillermo Toledo.

David Serrano, tamén próximo a este grupo, ofrececeu a Fernando Tejero a oportunidade da súa vida na película Días de fútbol (2003), coa que acadou Premio Goya ó Mellor actor revelación.

Ese mesmo ano Elena Arnao selecciónao para formar parte de Aquí no hay quien viva, onde deu vida ó porteiro Emilio Delgado durante arredor de tres anos, acadando a través deste personaxe unha fama espectacular.

Grazas a esta popularidade, Tejero accedeu a papeis protagonistas en películas como El penalti más largo del mundo de (Roberto Santiago, 2005) ou Nadie es perfecto de (Joaquín Oristrell, 2005).

Filmografía editar

Televisión editar

Premios editar

Mellor actor revelación (2003)
Mejor actor de televisión (2004)
Candidato ó premio mellor actor secundario de cine (2004)
Candidato ó premio de mellor actor revelación (2004)
Mellor actor de televisión (2005)
Candidatura ó premio de mellor actor de televisión (2004)
Candidato ó premio de mellor actor (2003)
Candidato ó premio de mellor actor (2004)
Mellor actor de televisión (2004)