Periodistas foi unha serie de televisión producida por Globomedia, emitida en Telecinco entre 1998 e xullo de 2002, cun total de 9 temporadas e máis dun centenar de capítulos. Foi unha das series de máis éxito durante os seus 4 anos de emisión, só por detrás de Médico de Familia, da que se considera un spin off, xa que Clara, personaxe interpretado por Belén Rueda, apareceu primeiro en Médico de familia e pasou a ser unha das protagonistas de Periodistas.

A serie emítese actualmente os domingos despois de medianoite nunha das canles de TDT de Telecinco, Telecinco Estrellas.

Argumento

editar

A serie desenvólvese na sección de Local dun ficticio xornal chamado Crónica Universal. Alí traballaban nos inicios o xefe de Local, Luis Sanz (José Coronado), o redactor jefe, Blas (Álex Angulo), as redactoras Ana (Alicia Borrachero) e Ali (Esther Arroyo), un bolseiro, José Antonio (Pepón Nieto), os fotógrafos Clara (Belén Rueda) e Willy (Joel Joan) e a secretaria Mamen (María Pujalte). Tamén cobra gran protagonismo a subdirectora do xornal, Laura (Amparo Larrañaga) entre outros.

Co tempo moitos actores foron deixando a serie e houbo novas fichaxes, de maneira que eran poucos os actores do elenco inicial (concretamente Belén Rueda, Alicia Borrachero, Álex Angulo e Enric Arredondo) que se mantiñan na última temporada. Tamén formaron parte do elenco durante toda a serie personaxes secundarios como Herminio (Pepín Salvador), Miguelón (Paco Catalá) e Emma (Nadia Henche).

Personaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar