Elena Ballesteros
María Elena Ballesteros Triguero, coñecida como Elena Ballesteros, nada en Madrid, o 6 de xullo de 1981, é unha actriz española.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Elena Ballesteros Triguero 6 de xullo de 1981 (43 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Período de actividade | 1996 - |
Familia | |
Cónxuxe | Dani Mateo |
Irmáns | Paula Ballesteros Triguero |
Traxectoria
editarComezou facendo anuncios de publicidade, mentres acudía a castings para conseguir o seu gran soño, ser actriz. Esta oportunidade chegoulle co papel de Lola na serie Más que amigos, en 1996. Nela traballou xunto con Paz Vega, Melani Olivares e Alberto San Juan, entre outros. Nesa mesma época foi presentadora do programa infantil Club Disney, o que lle impediu formar parte de Compañeros malia ser seleccionada logo de presentarse ó casting.[1]
A esta serie seguiríalle Periodistas, onde daba vida á filla de José Coronado. Este papel deulle gran popularidade e abriulle as portas do cine. Dende entón rodou ás ordes de directores como Manuel Iborra, Gerardo Herrero, Mariano Barroso ou Roger Young. Cabe destacar Café solo o con ellas de Álvaro Díaz Lorenzo, un dos filmes españois con maior recadación do ano 2007.[2] Pode mencionarse tamén La habitación de Fermat cunha gran andaina internacional. En 2009 rodou en Buenos Aires o filme Propios y extraños do director Manolo González, cuxo guión foi premiado pola ASGAE.
Vida privada
editarTen unha filla chamada Jimena froito da súa relación co actor Paco Marín.[3]Casou o 23 de xullo de 2010 co cómico Dani Mateo ó que coñeceu durante a rodaxe de La familia Mata.[4]
A principios de xullo de 2016, ambos confirman o seu divorcio tras 6 anos como parella.[5]
É irmá da tamén actriz Paula Ballesteros.
Notas
editar- ↑ Biografía de Elena Ballesteros
- ↑ 'Café solo o con ellas' se convierte en la cinta española más taquillera del año
- ↑ "Nova". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 18 de maio de 2017.
- ↑ Dani Mateo y Elena Ballesteros, después de la boda, de luna de miel
- ↑ Elena Ballesteros y Dani Mateo se divorcian