Belén Rueda

actriz e presentadora de televisión española

María Belén Rueda García-Porrero, máis coñecida como Belén Rueda, nada en Madrid o 16 de marzo de 1965, é unha actriz e presentadora de televisión española. Logo dunha extensa carreira televisiva en series e programas durante máis de dez anos, Belén Rueda debutou no cine en 2004 con Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar, protagonizou El orfanato en 2007 e Los ojos de Julia en 2010. Nela compartiu repartición con actores como Javier Bardem ou Lola Dueñas e gañou ademais o premio como mellor actriz revelación na XIX edición dos Premios Goya.

Infotaula de personaBelén Rueda

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Belén Rueda García-Porrero Editar o valor em Wikidata
16 de marzo de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de teatro , modelo , presentadora de televisión , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDaniel Écija (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0749104 Allocine: 96325 Allmovie: p413062 TCM: 2851954
Instagram: bybelenrueda Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Os seus pais eran enxeñeiro de camiños e profesora de ballet. É a mediana de 3 irmás. Ós 7 anos trasladouse coa súa familia a Alacant debido a un problema de asma da súa irmá máis nova.

Estudou Arquitectura, aínda que fixo os seus primeiros pasos como modelo.

Estivo casada con Daniel Écija con quen tivo tres fillas, a segunda das cales morreu por un problema cardíaco sendo bebé. A data de 2006 o seu estado civil é divorciada.

Ós 18 anos, logo de terminar COU marcha a Madrid a estudar Arquitectura. Alí traballou como vendedora de pisos e modelo ata acabar de presentadora en Telecinco, onde traballou para varios programas da cadea, xunto a Emilio Aragón en moitas ocasións. Para esta mesma cadea traballou como actriz nas series Periodistas ou Los Serrano. Nos últimos anos decantouse polo cine e recibiu o Premio Goya á mellor actriz revelación en 2004 polo seu papel de Julia en Mar adentro.

En xaneiro de 2007 debutou no Teatro, coa obra Closer, que xa fora interpretada no cine por Julia Roberts.

En outubro de 2007 estreouse a súa segunda película, El orfanato, dirixida por Juan Antonio Bayona e protagonizada, ademais de Belén Rueda, por Fernando Cayo, Geraldine Chaplin e Roger Príncep. El orfanato foi a película elixida pola Academia Española para representar a España nos Oscar 2008.

Filmografía editar

Televisión editar

Teatro editar

  • Closer (2007)

Premios editar

Premios Goya
Ano Categoría Película Resultado
2010 Mellor interpretación feminina protagonista Los ojos de Julia Candidata
2007 Mellor interpretación feminina protagonista El orfanato Candidata
2004 Mellor actriz revelación Mar adentro Gañadora
Premios Max de Teatro
Ano Edición Categoría Obra Resultado
2007 XI Mellor actriz Closer Candidata
Fotogramas de Prata
Premios de la Unión de Actores
Círculo de Escritores Cinematográficos
Premios ACE
Premios Saturn
Premios Protagonistas
Premios Barcelona
TP de Ouro