Álex Angulo

actor español

Alejandro Angulo León, máis coñecido como Álex Angulo, nado o 12 de abril de 1953 en Erandio (Biscaia) e finado en Fuenmayor (A Rioxa) o 20 de xullo de 2014[1][2] foi un actor vasco.

Álex Angulo
Nome completoAlejandro Angulo León
Nacemento12 de abril de 1953
LugarErandio
Falecemento20 de xullo de 2014
LugarFuenmayor
Causaaccidente de coche
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor
Na rede
IMDB: nm0029962 Allocine: 17124 Allmovie: p500583 TCM: 684465
Twitter: AlexAnguloActor Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ós 18 anos decide perseguir o soño de ser actor e preséntase ó casting dun grupo teatral independente bilbaíno que dirixía Ramón Barea (con que traballou en varios proxectos posteriores durante a súa carreira). Tras ser aceptado nesta compañía, Angulo ve como a seguinte década da súa vida transcorre sobre os escenarios teatrais.

En 1981 o actor recibirá a súa primeira oportunidade cinematográfica da man do seu paisano Imanol Uribe, quen dirixe La fuga de Segovia, onde Angulo daba vida a Anot. Tras este papel, Álex comezaría a traballar, sen esquece as táboas, en diversos programas da televisión pública vasca coma o magazine Con los pies en el agua, a comedia Bertan Zoro ou o programa de Antxón Urrusolo, Detrás del sirimiri.

Álex Angulo non volvería porén ás pantallas cinematográficas ata 1987, ano no que se fixo con dous pequenos papeis en El amor de ahora de Ernesto del Río e Tu novia está loca de Enrique Urbizu.

Tras outros tres anos sen rodar ningún filme, Álex participaría en El anónimo (1990) de Alfonso Arandia, antes de que Enrique Urbizu se volvese lembrar del á hora de conformar o elenco de actores da súa nova película, Todo por la pasta (1990), onde Angulo coincidiría con Antonio Resines, Kiti Manver ou María Barranco, entre outros. A dirección artística de Todo por la pasta corría a cargo dun mozo vasco chamado Álex de la Iglesia, quen pronto convenceu a Álex Angulo para que protagonizase a súa primeira curtametraxe, Mirindas asesinas (1991).

Angulo e De la Iglesia volverían traballar xuntos posteriormente en varias ocasións, destacando películas coma El día de la bestia (1995) e Muertos de risa (1999).

Traballou ademais, con papeis de maior ou menor relevancia, en películas de grandes directores españois coma Pedro Almodóvar, Icíar Bollaín, Emilio Martínez Lázaro, Fernando Colomo, Chus Gutiérrez ou José Luis Cuerda entre outros.

A finais dos 90 empezaría a interpretar o personaxe de Blas Castellote na serie Periodistas, na que traballaría durante catro anos gravando máis de cen capítulos e compartindo protagonismo con José Coronado, Amparo Larrañaga ou María Pujalte, e que lle deu unha gran popularidade. É o seu papel máis rechamante en televisión ata o momento.

Na época da serie (1998-2002), non deixou de lado o cine, participando en películas como A mi madre le gustan las mujeres (2002) de Daniela Fejerman e Inés París ou No somos nadie (2002) de Jordi Mollà.

Posteriormente destacan traballos como El coche de pedales (2004) de Ramón Barea ou a máis recente e exitosa El laberinto del fauno (2006) de Guillermo del Toro.

En 2006 volveu á televisión cunha colaboración en Aquí no hay quien viva e un papel fixo en Tirando a dar, serie de Telecinco retirada ós poucos capítulos.

Entre 2007 e 2008 ten un papel fixo interpretando ao comisario Manuel Serrano na versión española da serie Hermanos y detectives, emitida en Telecinco. Ademais, aparece no último capítulo da décima tempada da serie Cuéntame cómo pasó, en TVE, o día de Nadal de 2008, facendo de Florencio e facendo unha chiscadela á novela de Charles Dickens, Cuento de Navidad.

En 2009 o director Armand Rovira resucita cinematograficamente a Grace Kelly e dá a oportunidade a Angulo de namorarse dela na curtametraxe ¿Qué será de baby Grace?.

Filmografía editar

Longametraxes editar

Curtametraxes editar

Televisión editar

Notas editar

  1. "A tarde do día: 21/07/2014". www.crtvg.es. Consultado o 2019-12-28. 
  2. Belinchón, Gregorio (2014-07-20). "Muere el actor Álex Angulo tras sufrir un accidente de tráfico". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-12-28. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar