María Pujalte

actriz galega

María Pujalte Vidal, nada na Coruña o 22 de decembro de 1966, é unha actriz galega.

Infotaula de personaMaría Pujalte

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
A Coruña (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0700229 Allmovie: p223522 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou cunha bolsa de estudos da Deputación da Coruña un curso de interpretación na Scuola dell'Attore Cómico en Reggio Emilia de Italia e outro en Madrid.

Realizou tamén estudos de canto, interpretación e expresión corporal.

Pertenceu ó Centro Dramático Galego (CDG) e ós grupos teatrais Moucho Clerc e Compañía de Marías, do que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Bouzas.

Ademais de como actriz, tamén traballou como presentadora de televisión. En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Bouzas e Berta Ojea e o actor Serxio Pazos.

A pesar da súa extensa filmografía, o papel que a fixo popular para o gran público foi o de Mamen na serie de televisión Periodistas, e máis tarde o de Mónica en Siete Vidas.

Actriz comprometida, María Pujalte participou en manifestacións contra a guerra de Iraq e formou parte ó igual que moitos outros actores galegos da plataforma Nunca Máis contra o desastre do Prestige.

En 2005 participou no acto de celebración da toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, coa lectura de varios poemas. O mesmo ano foi pregoeira das festas de María Pita da súa cidade natal, A Coruña.

En 2009 regresa á televisión para protagonizar a serie de misterio en ton de comedia emitida en TVE 1 chamada Los misterios de Laura.[1]

En 2019 é unha das protagonistas da coprodución televisiva (TVE e Movistar+) Merlí: Sapere aude[2], continuación da serie Merlí (TV3) , as dúas emitidas, ademais, en Netflix. A actriz coruñesa encarna a personaxe da profesora de Ética -na facultade de Filosofía- María Bolaño.

Filmografía editar

Cinema editar

Ano Título Personaxe Director/a
1989 Sempre Xonxa Chano Piñeiro
1991 Martes de carnaval Alba Fernando Bauluz e Pedro Carvajal
1994 El baile de las ánimas Malena Pedro Carvajal
As xoias da señora Bianconero Jorge Coira
1995 Entre rojas Cata Azucena Rodríguez
Mofa e Befa en Gran liquidación Jorge Coira
La boutique del llanto Cándida Iñaki Peñafiel (curtametraxe)
1996 Libertarias Mariona Vicente Aranda
Interferencias Antonio Morales Pérez.
Perdona bonita, pero Lucas me quería a mí Mari Carmen Dunia Ayaso e Félix Sabroso
1997 Completo comfort Miranda Juan Flahn (curtametraxe)
A mí quién me manda meterme en esto Maite Daniela Fejerman e Inés París (curtametraxe)
1998 Insomnio Isabel Chus Gutiérrez
El grito en el cielo Rita Dunia Ayaso e Félix Sabroso
1999 Los lobos de Washington Sara Mariano Barroso
Vamos a dejarlo Daniela Fejerman e Inés París (curtametraxe)
La Parrilla Xavier Manich
2002 A mi madre le gustan las mujeres Gimena Daniela Fejerman e Inés París
2003 O lapis do carpinteiro Beatriz Antón Reixa
En la ciudad Sofía Cesc Gay
Descongélate! Cameo Dunia Ayaso e Félix Sabroso
2004 Cosas que hacen que la vida valga la pena Ángeles Manuel Gómez Pereira
2005 Semen, una historia de amor Gloria Daniela Fejerman e Inés París
2006 El regalo Puri Carlos Agulló
2008 Rivales María Fernando Colomo
2010 Que se mueran los feos Begoña Nacho G. Velilla
2011 Onde está a Felicidade? Aura Carlos Alberto Riccelli
2016 La noche que mi madre mató a mi padre Susana Inés París
2017 Es por tu bien Olga Carlos Therón
2018 Oh! Mammy Blue Elena Antonio Hens
2019 Elisa e Marcela Nai de Marcela Isabel Coixet

Televisión editar

Ano Título Personaxe Canle Notas
1995 Farmacia de guardia Clienta Antena 3 1 episodio
1997 Los negocios de mamá Lucrecia La 1 1 episodio
1998 - 2001 Periodistas Mamem Tébar Telecinco 102 episodios
2004 - 2006 7 vidas Mónica Olmedo 35 episodios
2008 Martes de carnaval La daifa La 1 1 episodio
2009; 2011; 2014 Los misterios de Laura Laura Lebrel del Bosque 32 episodios
2011 Los Quién Susana Zunzunegui Santamaría Antena 3 13 episodios
2016 Web Therapy Valeria Collado #0 1 episodio
2019 Vota Juan Macarena Lombardo TNT España 8 episodios
2019; 2021 - presente Toy Boy Carmen de Andrés Antena 3 19 episodios
2019 - 2021 Merlí: Sapere aude María Bolaño Movistar+ 16 episodios
2020 Vamos Juan Macarena Lombardo TNT España 7 episodios
2021 3 caminos Madre Clara Prime Video 1 episodio
2021 - presente Venga Juan Macarena Lombardo HBO España 7 episodios
2022 Los misterios de Laura Laura Lebrel del Bosque La 1 Telefilme

Teatro editar

Premios e nomeamentos editar

1992

  • Nomeada ao Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina.

1993

  • Gañadora do Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina polo espectáculo de cabaré Fisterra Broadway.

1995

1998

1999

2000

2003

2004

2005

2007

2008

2009

2011

Notas editar

  1. Los misterios de Laura
  2. "María Pujalte, profesora de filosofía en la nueva «Merlí»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-12-05. Consultado o 2019-12-08. 
  3. Lista de candidatos a los Premios del Público TV
  4. "Candidaturas ós Premios CineyMás de TV 2008/09" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2009. Consultado o 19 de setembro de 2009. 
  5. "María Pujalte premiada por Bodegas Casado Morales". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2009. Consultado o 14 de novembro de 2009. 
  6. Candidaturas ós Premios Zapping 2009

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar