Fernando León de Aranoa

Fernando León de Aranoa, nado en Madrid o 26 de maio de 1968, é un director de cine e guionista español.

Fernando León de Aranoa
Fernando León de Aranoa - Seminci 2015.jpg
Nacemento26 de maio de 1968
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupacióndirector de cinema, guionista, produtor, roteirista de cinema, roteirista de televisão, documentarista, ilustrador e caricaturista
Coñecido porMundo Alas, Familia, Barrio, Os luns ó sol, Princesas e El buen patrón
PremiosPremio Goya á mellor dirección, Cuncha de Prata ó mellor director, Premio Feroz for Best Screenplay, Premio Goya á mellor dirección, Premio Goya ó mellor guión orixinal e European Film Award for Best Comedy
Na rede
http://www.reposado.net/
IMDB: nm0508208 Allocine: 141595 Allmovie: p264689 TCM: 112049 TV.com: people/fernando-leon-de-aranoa Dialnet: 1258222 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É licenciado en Ciencias da Imaxe pola Universidade Complutense de Madrid. En 1994 escribiu e dirixiu a súa única curtametraxe, Sirenas, premiada en varios festivais nacionais. A súa ópera prima Familia (1996), película que escribe e dirixe, recibiu o Premio Goya ó mellor director novel e os premios á mellor dirección, o premio Fipresci e o premio do público no festival internacional de cine de Valladolid, entre outros. Adaptada para a escena, a súa versión teatral foi estreada en distintos países.

En 1998 escribiu e dirixiu a súa segunda longametraxe, Barrio, que obtivo tres Premios Goya (Mellor dirección, Mellor guión orixinal e Mellor actriz revelación), así coma a Cuncha de Prata ó mellor director no Festival Internacional de Cine de Donostia, o premo Fipresci, Fotogramas, Jose María Forqué, Sant Jordi e Turia, entre outros.

Escribiu e dirixiu Os luns ó sol (2002), que obtivo cinco Premios Goya -Mellor película e Mellor dirección entre outros-, amais da Cuncha de Ouro á Mellor Película do Festival de Donostia e os premios Fipresci, Fotogramas, Ondas, Jose María Forqué, Juan Antonio Bardem, Luis Buñuel, e o premio Ariel da Academia mexicana de cine á mellor película Iberoamericana, entre moitos outros. Protagonizada por Javier Bardem, foi a proposta da Academia do cine español para as candidaturas ó Oscar á mellor película de lingua non inglesa. Os luns ó sol está especialmente ligada a Galicia por rodarse en parte na cidade de Vigo e contar no seu elenco e equipo técnico con multitude de profesionais galegos.

Princesas (2005), cuarta película de ficción que escribe e dirixe, é ademais a súa primeira experiencia como produtor. Recibiu 3 premios Goya da Academia española de Cine ás súas dúas actrices protagonistas e á mellor canción orixinal, composta por Manu Chao, así coma o premio Ondas ó acontecemento cinematográfico do ano e o premio Protagonistas á mellor película, entre outros. Participa na sección oficial do Festival de cinema independente de Sundance. Princesas, vista nas salas cinematográficas por máis dun millón de espectadores, foi a segunda película española mellor acollida polo público ese ano.

Fóra de España, os festivais da Habana, Os Ánxeles, Miami, Houston, Cidade de México, Gramados, Valdivia, Angers ou Nantes premiaron as súas películas.

Como documentalista, dirixe en México Caminantes (2001), premiado nos festivais da Habana, Os Ánxeles, Nova York e Alcalá de Henares. Colaborou como guionista en La espalda del mundo (2000) e na dirección de Izbieglize (1994), rodado nos últimos meses da guerra de Bosnia e Hercegovina. Recentemente dirixiu o documental Buenas noches, Ouma (2006) para Médicos Sen Fronteiras, sobre o conflito armado no norte de Uganda, actualmente en posprodución.

Como guionista asina longametraxes coma Fausto 5.0, Insomnio ou Corazón Loco entre moitos outros. Tamén programas coma Un, Dos, Tres ou os shows televisivos de Martes y 13, e series de grande prestixio coma Turno de oficio para RTVE.

Publicou varios relatos e narracións breves, recibindo por eles o Premio Antonio Machado en dúas ocasóns. Traballou tamén coma debuxante e ilustrador.

En 2004 funda a súa propia produtora, Reposado.

FilmografíaEditar

PremiosEditar

Premios GoyaEditar

Ano Categoría Edición Película Resultado
2005 Mellor película 20ª Princesas Candidata
2005 Mellor guión orixinal 20ª Princesas Candidata
2003 Mellor película 17ª Os luns ó sol Gañadora
2003 Mellor director 17ª Os luns ó sol Gañadora
2003 Mellor guión orixinal 17ª Os luns ó sol Candidata
1999 Mellor guión orixinal 13ª Barrio Gañadora
1999 Mellor película 13ª Barrio Candidata
1999 Mellor director 13ª Barrio Gañadora
1997 Mellor dirección novel 12ª Familia Gañadora
1997 Mellor guión orixinal 12ª Familia Candidata

Festival Internacional de Cine de DonostiaEditar

Ano Categoría Película Resultado
2002 Premio CEC á mellor película Os luns ó sol Candidata
2002 FIPRESCI Prize Os luns ó sol Gañadora
2002 Cuncha de ouro Os luns ó sol Gañadora
2002 Premio SIGNIS Os luns ó sol Gañadora

Festival de cine Hispánico de MiamiEditar

Ano Categoría Película Resultado
1997 Golden Egret Mellor película Familia Candidata

MyfestEditar

Ano Categoría Película Resultado
1997 Mellor película Familia Gañadora

Festival Internacional de ValladolidEditar

Ano Categoría Película Resultado
1997 Mellor director Familia Gañadora
1997 Espiga de ouro Familia Candidata

Premios OndasEditar

Ano Categoría Película Resultado
2002 Mellor película Os luns ó sol Gañadora

Festival de Cine de SundanceEditar

Ano Categoría Película Resultado
2005 Mellor película Princesas Candidata