Festival de Cinema de Sundance

(Redirección desde «Festival de Cine de Sundance»)

Coordenadas: 40°38′33″N 111°29′43″O / 40.642498, -111.495143

O Festival de Cinema de Sundance (en inglés: Sundance Film Festival e anteriormente coñecido como Utah/US Film Festival e US Film and Video Festival) é un acontecemento cinematográfico internacional que se celebra anualmente nas dúas últimas semanas de xaneiro na localidade de Park City, próxima á Salt Lake City, a capital do estado de Utah, nos Estados Unidos.

Festival de Cinema de Sundance
AcrónimoSundance
Tipofestival de cinema
Data de fundación1978
SedePark City
EnUtah
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.sundance.org/festivals/sundance-film-festival
IMDB: ev0000631 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

Sundance é o meirande festival de cinema independente dos Estados Unidos, con máis de 46 660 asistentes no ano 2016.[1] Celébrase en xaneiro en Park City, Salt Lake City e no Sundance Resort (en Provo, Utah) e actúa como escaparate de novos traballos de cineastas independentes estadounidenses e internacionais.[2]

Historia editar

1978: Utah/US Film Festival editar

Sundance comezou en Salt Lake City en agosto de 1978 co nome "Utah/US Film Festival", nun intento por atraer máis cineastas cara a Utah.[3] Foi fundado por Sterling Van Wagenen (daquela xefe de Wildwood,[4] compañía de Robert Redford), John Earle (que estaba na Utah Film Commission). A edición de 1978 proxectou filmes como Deliverance, A Streetcar Named Desire, Cowboy de medianoite, Quérote, Nova Iorque e Sweet Smell of Success.[5] Nun principio, Sundance foi un instituto de cinematografía, mais pronto viuse a oportunidade de mostrar ao público os traballos que realizaban os creadores, polo que en 1983, Redford creou o Festival de Cinema de Sundance, que é agora un dos festivais de cinema independente máis importante do mundo.

O nome do festival ("Sundance") está inspirado no personaxe que o propio Robert Redford interpretou en 1969 en Butch Cassidy and The Sundance Kid (o bandoleiro Butch foi interpretado por Paul Newman).

Cada ano selecciónanse 200 películas para ser exhibidas entre máis de 9.000 que se presentan. Máis de 50.000 persoas asisten ás instalacións de Park City, Salt Lake City, Ogden, e Sundance. Ademais de descubrírense novos talentos mediante a proxección de documentais, dramas e curtas, os asistentes poden escoitar interpretacións de música en directo, paneis de discusión cos creadores e figuras relacionadas co cinema, instalacións de avances etc.

Deste festival saíron grandes cineastas, como Quentin Tarantino ou os irmáns Coen.

Notas editar

  1. Stambro, Jan Elise. Bureau of Economic and Business Research, ed. "The Economic Impacts of the 2016 Sundance Film Festival" (PDF). University of Utah. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 21 de marzo de 2021. Consultado o 6 de novembro de 2012. 
  2. Cairns, Becky. "Sundance Film Festival drops Ogden as screening location". Standard-Examiner. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2021. Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  3. "BBC - Films - Sundance Film Festival - A Brief History". www.bbc.co.uk. Consultado o 14 de xullo de 2017. 
  4. "Redford's Wildwood Enterprises and PBS Bring "Skinwalkers" to the Small Screen | PBS About". Redford's Wildwood Enterprises and PBS Bring "Skinwalkers" to the Small Screen | PBS About. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  5. Craig, Benjamin. Sundance-A Festival Virgin's Guide, ed. "History of the Sundance Film Festival". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2021. Consultado o 8 de outubro de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar