Invisibles (filme)

filme de 2007 dirixido por Wim Wenders, Isabel Coixet, Fernando León de Aranoa e Mariano Barroso

Invisibles é unha película documental dirixida por Mariano Barroso, Isabel Coixet, Javier Corcuera Andrino, Fernando León de Aranoa e Wim Wenders no ano 2008. Obtivo o Premio á mellor película documental na XII edición dos Premios Goya, en 2008.[1]

Invisibles
Ficha técnica
Título orixinalInvisibles
DirectorMariano Barroso
Isabel Coixet
Javier Corcuera Andrino
Fernando León de Aranoa
Wim Wenders
ProdutorJavier Bardem
FotografíaEmili Guirao
Jordi Abusada
David Omedes
Jordi Abusada
Alberto Venzago
Estrea2007
Duración100 min.
OrixeEspaña España
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt0871000 Filmaffinity: 807293 Allocine: 131216 Allmovie: v392222 TCM: 664185 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Cinco directores homenaxean o vinte aniversario da ONG Médicos Sen Fronteiras. A través de varias historias retrátase a persoas que viven no medio de guerras e conviven con epidemias. "El sueño de Bianca" (O soño de Bianca) contrasta as realidades de dúas mulleres. "Cartas a Nora" é un relato de inmigración, mentres que "La voz de las piedras" (A voz das pedras) é unha historia familiar no corazón de Colombia. En "Buenas noches, Ouma" (Boas noites, Ouma) descríbese o conflito armado de Uganda e "Crímenes Invisibles" (Crimes Invisibles) denuncia os abusos a mulleres na República Democrática do Congo.

Este proxecto solidario nace co selo de Javier Bardem como produtor. Para conmemorar as dúas décadas de traballo de Médicos Sen Fronteiras quíxose facer unha homenaxe aos seus cooperantes, pero tamén ás persoas que reciben a súa axuda. Persoas "invisibles" que teñen unha historia e que atopan, neste documental, unha forma de expresarse.

  1. "zinema.com". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar