Javier Bardem
Javier Ángel Encinas Bardem, Javier Bardem, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 1 de marzo de 1969, é un dos actores españois de cinema máis internacionais. No ano 2000 converteuse no primeiro actor español nomeado a un Oscar polo seu papel en Antes que anochezca e en 2008 no primeiro en gañalo na categoría de mellor actor secundario por Non é un país para vellos.
Javier Bardem | |
---|---|
![]() Javier Bardem | |
Nome completo | Javier Ángel Encinas Bardem |
Alcume/outros | Javier Bardem |
Nacemento | 1 de marzo de 1969 (54 anos) |
Lugar | Las Palmas de Gran Canaria![]() |
Nacionalidade | España |
Relixión | Agnosticismo |
Nai | Pilar Bardem |
Cónxuxe(s) | Penélope Cruz |
Profesión | actor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Orixe e formaciónEditar
Bardem provén dunha familia de actores: os seus avós, Rafael Bardem e Matilde Muñoz Sampedro, a súa nai, Pilar Bardem, os seus irmáns, Mónica e Carlos, e ademais é sobriño do finado director de cine Juan Antonio Bardem. O seu curmán Miguel tamén é director de cine. É o membro da familia que acadou un maior recoñecemento a nivel internacional
Entre as distintas actividades que realizou inclúese o xogar na Selección Española de Rugbi e estudar pintura na Escola de Artes e Oficios. Tras isto, decidiu dedicarse ó cine.
CinemaEditar
Con 11 anos fixo un pequeno papel en El poderoso influjo de la luna de Antonio del Real que protagonizaba a súa nai Pilar.
Gañou o Fotogramas de Plata ó Mellor Actor en 1994 por Huevos de Oro. Ese mesmo ano obtivo o Premio ó Mellor Actor no Festival de Cine de Donostia por Días contados e El detective y la muerte, ademais do Premio Fernando Rey á Mellor Interpretación por Días contados.
En 1995 por esta mesma película, conseguiu o Goya ó Mellor Intérprete Masculino Secundario e o Premio da Actores ó Mellor Actor, ademais do Fotogramas de Plata por Boca a boca. Esta película deulle o seu primeiro Goya á Mellor interpretación masculina protagonista en 1996.
Despois de conseguir en decembro de 1997 o Premio do Público ó Mellor Actor na Gala da Academia do Cine Europeo, en xaneiro de 1998 competiu polo Goya á Mellor Interpretación Masculina, por Carne trémula.
En 2000 gañou a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia, pola película Antes que anochezca (Before Night Falls), que representa a súa consagración internacional. Por esta mesma película na que interpretaba a Reinaldo Arenas, foi nomeado no ano seguinte ao Oscar ó mellor actor, sendo o primeiro actor español nomeado a ese premio. A súa fama aumentou notablemente tanto dentro como fóra de España a raíz deste papel.
En 2003 obtén o premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista polo seu papel en Os luns ó sol. Na cerimonia de entrega dese premio manifestouse, igual que outros moitos compañeiros de profesión que luciron adhesivos e insignias, contra a guerra e a invasión de Irak por parte de EEUU co apoio do goberno español.
En 2004 conseguiu novamente a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia, esta vez polo seu papel de Ramón Sampedro en Mar adentro, polo que tamén repetiu no Goya ó mellor actor. Esta película reafirmouno coma un dos mellores actores do panorama español actual.
No ano 2008 gañou o Globo de ouro ao mellor actor secundario polo seu papel de Anton Chigurh no filme dos irmáns Coen Non é un país para vellos. Por este mesmo papel gañou tamén o BAFTA e finalmente o Oscar ao Mellor actor secundario, sendo o primeiro español en logralo.
En 2010 foi nomeado ao Óscar ao Mellor actor polo seu traballo no filme de Alejandro González Iñárritu, Biutiful. Tamén gañou o Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista por ese filme.
FilmografíaEditar
(**) Realiza pequenos papeis, aparición esporádica
PremiosEditar
ÓscarsEditar
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2000 | Óscar ao mellor actor | Antes que anochezca | Candidato |
2008 | Óscar ao mellor actor | No Country for Old Men | Gañador |
Globos de OuroEditar
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Mar adentro | Candidato |
2000 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Antes que anochezca | Candidato |
Golden SatellitesEditar
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor actor | Mar adentro | Candidato |
Festival Internacional de Cine de VeneciaEditar
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Copa Volpi ó mellor actor | Mar adentro | Gañador |
2000 | Copa Volpi ó mellor actor | Antes que anochezca | Gañador |
Festival Internacional de Cine de DonostiaEditar
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1995 | Cuncha de Prata ó mellor actor | El detective y la muerte | Gañador |
Independence SpiritEditar
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2000 | Mellor actor | Antes que anochezca | Gañador |
Unión de ActoresEditar
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor actor protagonista de cine | Mar adentro | Gañador |
2002 | Mellor actor protagonista de cine | Los lunes al sol | Gañador |
1997 | Mellor actor protagonista de cine | Perdita Durango | Candidato |
1996 | Mellor actor protagonista de cine | Éxtasis | Candidato |
1994 | Mellor intérprete secundario de cine | Días contados | Gañador |
Premios GoyaEditar
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Goya ó mellor actor | Biutiful | Gañador |
2004 | Goya ó mellor actor | Mar adentro | Gañador |
2002 | Goya ó mellor actor | Los lunes al sol | Gañador |
1997 | Goya ó mellor actor | Perdita Durango | Candidato |
1995 | Goya ó mellor actor | Boca a boca | Gañador |
1994 | Goya ó mellor actor secundario | Días contados | Gañador |
1993 | Goya ó mellor actor | Huevos de oro | Candidato |
1992 | Goya ó mellor actor | Jamón, jamón | Candidato |
Fotogramas de PrataEditar
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor actor de cine | Mar adentro | Gañador |
2002 | Mellor actor de cine | Os luns ao sol | Gañador |
2000 | Mellor actor de cine | Segunda piel | Gañador |
1997 | Mellor actor de cine | Carne trémula Perdita Durango |
Gañador |
1996 | Mejor actor de cine | Éxtasis | Candidato |
1995 | Mellor actor de cine | Boca a boca | Gañador |
1994 | Mellor actor de cine | Días contados El detective y la muerte |
Candidato |
1993 | Mellor actor de cine | Huevos de oro | Gañador |
1992 | Mellor actor de cine | Jamón, jamón | Candidato |
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Javier Bardem |