Tacones lejanos

filme de 1991 dirixido por Pedro Almodóvar

Tacones lejanos é unha película española de 1991, dirixida por Pedro Almodóvar.

Tacones lejanos
Ficha técnica
Título orixinalTacones lejanos
DirectorPedro Almodóvar
ProdutorAgustín Almodóvar
Enrique Posner
GuiónPedro Almodóvar
IntérpretesVictoria Abril
Marisa Paredes
Miguel Bosé
MúsicaGil Evans
George Fenton
Ryūichi Sakamoto
SonJean-Paul Mugel
FotografíaAlfredo F. Mayo
MontaxeJosé Salcedo
Estrea1991
Duración112 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama
Na rede
http://www.miramax.com/movie/high-heels
IMDB: tt0103030 Filmaffinity: 862392 Allocine: 1992 Rottentomatoes: m/1038770-high_heels Mojo: highheels Allmovie: v22373 TCM: 77980 Metacritic: movie/high-heels TV.com: movies/high-heels Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Rebeca traballa como locutora de telexornais nunha cadea que dirixe o seu marido, Manuel. Este último foi o grande amor da nai de Rebeca, Becky del Páramo, antes de que esta abandonase a súa filla para dedicarse á súa carreira como cantante. Manuel non sabe que Rebeca é filla de Becky.

Quince anos despois, a nai volve a Madrid para actuar e arranxar algunhas contas pendentes, especialmente a relación coa súa filla Rebeca. A noite da súa chegada, Becky cea con Rebeca e Manuel. Xuntos van ver un imitador de Becky, o transformista Femme Letal. Rebeca dille á súa nai que, cando tiña saudade dela, ía ver o seu imitador.

Como as relacións entre Rebeca e Manuel non van ben, el intenta reavivar o seu vello amor con Becky, que non acepta o seu ofrecemento, a pesar de que Manuel lle di que pensa divorciarse de Rebeca. Unha noite, Manuel aparece asasinado no seu chalé.

Personaxes editar

Palmarés cinematográfico editar

Premios Goya editar

Categoría Persoa Resultado
Mellor interpretación feminina secundaria Cristina Marcos Candidata
Mellor montaxe José Salcedo Candidato
Mellor son Jean-Paul Mugel Candidato
Mellor deseño de vestiario José María De Cossío Candidato
Mellor maquillaxe e peiteado Jesús Moncusi e Gregorio Ros Candidatos

Premios Globo de Ouro editar

Categoría Resultado
Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa Candidata

Premios César editar

Categoría Resultado
Mellor película estranxeira Gañadora

Festival de Cine de Gramado (Rio Grande do Sul, Brasil) editar

Categoría Persoa Resultado
Mellor Actriz Marisa Paredes Gañadora
Mellor Director Pedro Almodóvar Gañador
Mellor Música Ryūichi Sakamoto Gañador
Mellor Película Iberoamericana Candidata

Festival Internacional de Cine de Cartaxena de Indias (Colombia) editar

Categoría Resultado
India Catalina á mellor película Gañadora

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar