Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa
Os Globos de Ouro son uns premios cinematográficos celebrados a principios de cada ano nos Ánxeles. A data dos filmes corresponden coa data de estrea en Estados Unidos.
Ata 1986 o premio era coñecido como Globo de Ouro ao Mellor Filme Estranxeiro, o que significa que podía ser galardonado calquera premio non estadounidense. En 1987, cambiouse ao Mellor Filme en Lingua Estraxeira, polo que os filmes en lingua non inglesa eran elixibles. Ademais, o cambio fixo que filmes estadounidenses noutras linguas puidesen ser elixidos, como o gañador Cartas de Iwo Jima e os candidatos Apocalypto, The Kite Runner e In the Land of Blood and Honey.
Antes de 1974, o premio outorgábase de forma descontinua, e con varios filmes honrados cada ano.[1]
O país máis gañador na categoría é o Reino Unido, con sete filmes. Os máis gañadores dende o cambio de 1987 son España e Francia.