Michael Haneke
Michael Haneke, nado o 23 de marzo de 1942 en Múnic, Alemaña é un director e guionista de nacionalidade austríaca coñecido polo seu estilo cinematográfico sombrío e perturbador. Os seus filmes acostuman documentar os problemas e os fracasos na sociedade moderna.
Michael Haneke | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Richard Binder |
Nacemento | 23 de marzo de 1942 |
Lugar de nacemento | Múnic |
Nacionalidade | Austria |
Alma máter | Universidade de Viena |
Ocupación | director de cinema, guionista, escritor, profesor universitario, crítico de cinema, director teatral, actor de cinema e realizador |
Pai | Fritz Haneke |
Nai | Beatrix von Degenschild |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra, Commandeur des Arts et des Lettres, Romy, Gold Decoration for Services to the City of Vienna, Konrad Wolf Prize, Premio Príncipe de Asturias das Artes, Officer's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Prêmio Sonning, Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, doctor honoris causa of the University of Innsbruck, Axel Corti Prize, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte, European Film Academy Critics Award, Prémio do Cinema Europeu de melhor filme, Prémio do Cinema Europeu de melhor realizador, European Film Academy Critics Award, Prémio do Cinema Europeu de melhor filme, Prémio do Cinema Europeu de melhor realizador, Prémio do Cinema Europeu de melhor argumentista, Prémio do Cinema Europeu de melhor filme, Prémio do Cinema Europeu de melhor realizador, Grã-cruz do Mérito com Estrela da Ordem do Mérito da República Federal da Alemanha, Pour le Mérite e Sitges Film Festival Best Screenplay award |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
É un dos únicos oito directores que gañaron en dúas ocasións a Palma de Ouro do Festival de Cannes: en 2009 co filme Das weiße Band e en 2012 con Amour. Gañou tamén o Premio do Festival de Cannes ao mellor director co filme Caché. É ademais o director máis veces premiado como mellor director nos Premios do Cinema Europeo (tres veces), certame no que os seus filmes gañaron tamén tres veces o Premio ó mello filme. O seu filme Amour levou tamén o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa e o Goya á mellor película europea.
En 2013 foi galardoado co Premio Princesa de Asturias das Artes.[1]
Filmografía Editar
Cine Editar
- Der siebente Kontinent (1989)
- Benny's Video (1992)
- 71 Fragmente einer Chronologie des Zufalls (1994)
- Funny Games (1997)
- Code inconnu (2000)
- La pianiste (2001)
- Le temps du loup (2003)
- Caché (2005)
- Funny Games (2008) Remake estadounidense
- Das weiße Band (2009)
- Amour (2012)
- Happy End (2017)
Telefilmes Editar
- ...Und was Kommt Danach? (1974)
- Drei Wege zum See (1976)
- Sperrmüll (1976)
- Lemminge, Teil 1: Arkadien (1979)
- Lemminge, Teil 2: Verletzungen (1979)
- Variation (1983)
- Wer war Edgar Allan? (1984)
- Fräulein (1985)
- Nachruf für einen Mörder (1991)
- Die Rebellion (1992)
- Das Schloß (1997)
Curtametraxes Editar
- Lumière and Company' (1995) (segmento "Michael Haneke/Vienne")
Galardóns e nomeamentos Editar
- No 2009, o seu filme Das weiße Band gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes e o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa.
- No 2012, o seu filme Amour gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes, o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa, o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e o Premio Goya á mellor película europea entre outros.
- No 2013 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Artes.
Notas Editar
- ↑ "Michael Haneke, premio Príncipe de Asturias de las Artes 2013". La Vanguardia (en castelán). 9 de maio de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2019.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Ficha na IMDb (en inglés)