Gisaengchung

filme de 2019 dirixido por Bong Joon-ho

Gisaengchung (en coreano: 기생충), distribuído en Galicia co título en castelán Parásitos,[8][9] é un filme surcoreano de suspense e comedia negra de 2019 dirixido por Bong Joon-ho, quen tamén elaborou a historia orixinal e coescribiu o guión con Han Jin-won. Está protagonizado por Song Kang-ho, Lee Sun-kyun, Cho Yeo-jeong, Choi Woo-shik e Park So-dam, e conta a historia dos membros dunha familia pobre que artella un plan para converterse en empregados da casa dunha familia rica pretendendo ser profesionais altamente cualificados sen relación entre eles.

Gisaengchung
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinal기생충
DirectorBong Joon-ho
Produtor
  • Kwak Sin-ae
  • Moon Yang-kwon
  • Bong Joon-ho
Guión
  • Bong Joon-ho
  • Han Jin-won
Baseado enHistoria de Bong Joon-ho[1]
Intérpretes
MúsicaJung Jae-il[1]
FotografíaHong Kyung-pyo[3]
MontaxeYang Jin-mo
EstudioBarunson E&A[1]
Distribuidora
EstreaFestival de Cannes: 21 de maio de 2019
30 de maio de 2019
Duración132 minutos[4][5]
Orixe Corea do Sur[1][4]
XéneroSuspense
Orzamento11 millóns de dólares[6]
Recadación167,6 millóns de dólares[7]
Na rede
https://www.parasite-movie.com, https://www.madmanfilms.com.au/parasite e https://www.parasitemovie.co.uk
IMDB: tt6751668 Filmaffinity: 520465 Allocine: 255238 Rottentomatoes: m/parasite_2019 Mojo: parasite2019 Allmovie: v716252 TCM: 2219757 Metacritic: movie/parasite
Facebook: ParasiteMovie Twitter: ParasiteMovie Instagram: parasitemovie Netlix: 81221938Editar o valor em Wikidata

Gisaengchung tivo a súa estrea internacional no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 21 de maio de 2019, onde se converteu no primeiro filme coreano en gañar a Palma de Ouro e o primeiro filme en conseguilo con voto unánime dende La Vie d'Adèle do Festival de 2013. O filme estreouse en Corea do Sur a través de CJ Entertainment o 30 de maio de 2019 e no resto do mundo durante 2019 e comezos de 2020. Recibiu a aclamación da crítica, entrando en moitas clasificacións dos mellores filmes da década.[10][11] Recadou 167,6 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no filme con maior recadación de Bong e de Corea do Sur.[12]

Na 92ª edición dos Óscar, o filme conseguiu seis nomeamentos, e gañou catro premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor guión orixinal e mellor filme internacional, converténdose no primeiro filme surcoreano en gañar o premio da Academia, así como o primeiro filme en lingua non inglesa en conseguilo. Na 77ª edición dos Globos de Ouro, o filme gañou o premio ó mellor filme en lingua non inglesa, e tamén recibiu catro nomeamentos ós BAFTA, gañando os premios de mellor filme en lingua non inglesa e mellor guión orixinal.

Personaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 CJ Entertainment, ed. (2019). "Parasite international press kit" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de xaneiro de 2020. 
  2. CJ Entertainment (ed.). "CJ ENM buyer site". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de xaneiro de 2020. 
  3. "BONG Joon-ho's PARASITE Claims Early Sales". Korean Film Biz Zone (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 3 de febreiro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Festival Internacional de Cinema de Cannes, ed. (2019). "GISAENGCHUNG – Festival de Cannes 2019". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2019. Consultado o 1 de xaneiro de 2020. Country : SOUTH KOREA/Length : 132 minutes 
  5. "기생충". Naver Movie. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2019. Consultado o 8 de abril de 2019. 
  6. "영화 '기생충' 흥행 질주…손익분기점 400만명 눈앞". 3 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2020. 
  7. IMDb (ed.). "Parasite (2019)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  8. "PARÁSITOS". CODEX cinema (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-04. 
  9. "Parásitos - Cinema - NUMAX". numax.org. Consultado o 2020-03-04. 
  10. "Best Movies of the Decade (2010-19)". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  11. "2019 Critics Poll: The Best Films and Performances According to Over 300 Critics From Around the World". 27 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  12. "'Parasite' Sets New Record for Director Bong Joon-Ho at Indie Box Office". TheWrap (en inglés). 3 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2019. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  13. "Archived copy". entertain.naver.com (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Consultado o 3 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar