Abrir o menú principal

Wò hǔ cáng lóng

filme de 2000 dirixido por Ang Lee

Wò hǔ cáng lóng (título orixinal: 臥虎藏龍) que en galego significa "Tigre agazapado, Dragón agochado"; é un filme wuxia (de acción, aventuras e artes marciais) dirixido por Ang Lee en 2000. É unha coprodución entre China, Hong Kong, Taiwán e Estados Unidos e a lingua orixinal é o mandarín. Está protagonizado por estrelas do cine de etnia chinesa, incluíndo a Chow Yun-fat, Michelle Yeoh, Zhang Ziyi e Chang Chen. O filme está baseado na novela Crouching Tiger, Hidden Dragon do escritor de literatura wuxia Wang Dulu. As escenas de artes marciais e as de acción son froito das coreografías de Yuen Wo Ping.

Tigre e Dragón
Ficha técnica
Título orixinalWò hǔ cáng lóng
DirectorAng Lee
ProdutorLi-Kong Hsu
William Kong
Ang Lee
GuiónHui-Ling Wang
James Schamus
Kuo Jung Tsai
Baseado enCrouching Tiger, Hidden Dragon (novela) de Wang Dulu
IntérpretesChow Yun-fat
Michelle Yeoh
Zhang Ziyi
Chang Chen
Sihung Lung
Pei-pei Cheng
Fa zeng Li
Xian Gao
Yan Hai
Deming Wang
Li Li
De Ming Wang,
MúsicaTan Dun
FotografíaPeter Pau
MontaxeTim Squyres
DistribuidoraSony Pictures Classics
Estrea2000
Duración119 minutos
OrixeFlag of the Republic of China.svg Taiwán[1]
Flag of the People's Republic of China.svg China[1]
Flag of Hong Kong.svg Hong Kong[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos[1]
XéneroAcción, Romance, Artes marciais
Orzamento$17 000 000[2]
Recadación$213 525 736[2]
Filme seguinteCrouching Tiger, Hidden Dragon: Sword of Destiny

ArgumentoEditar

É unha historia ficticia, situada no período da Dinastía Qing en China, aproximadamente durante o reinado do Emperador Qianlong (arredor de 1680).

Os protagonistas da historia son dous experimentados e famosos mestres en artes marciais, Li Mu Bai (Chow Yun-fat) e Yu Shu Lien (Michelle Yeoh). Os dous están namorados, pero cren que non poden estar xuntos porque Shu Lien é a viúva do mellor amigo de Mu Bai. Por outra parte, Jen (Zhang Ziyi), filla do Gobernador Yu de Manchuria (Fa Zeng Li), desexa desesperadamente ter a vida emocionante e chea de aventuras dun guerreiro. Polo que de xeito secreto, Jen convértese na alumna da malvada guerreira "Raposa de Xade" (Cheng Pei-pei), de quen Mu Bai xurou vingarse xa que matou ó seu mestre. Mu Bai vai na busca da súa lendaria espada, "A espada celestial", que roubou Jen. Jen loita contra Mu Bai en varias ocasiones, e pese a superioridade de Mu Bai, el rexeita matala porque quere adestrala como aprendiz. Jen tamén loita contra Shu Lien, quen intenta ensinarlle os valores do amor e a amizade. Pero Jen non se deixa convencer polo seu amor prohibido co bandido do deserto Lo (Chang Chen), e rexeita a axuda de Mu Bai e Shu Lien.

PersonaxesEditar

  • Chow Yun-fat como Li Mu Bai
  • Michelle Yeoh como Yu Shu Lien
  • Zhang Ziyi como Jen Yu (versión en mandarín) / Jiao Long (versión internacional)
  • Chang Chen como Lo "Nube Escura" / Luo Xiaohu
  • Cheng Pei-pei como Raposa de Xade
  • Sihung Lung como Sir Te
  • Li Fazeng como Gobernador Yu
  • Gao Xi'an como Bo
  • Hai Yan como Madam Yu
  • Wang Deming como Inspector de policía Tsai / Prefeto Cai Qiu
  • Huang Suying como Tío Wu
  • Yang Rui como Maid
  • Li Kai como Gou Jun Pei
  • Feng Jianhua como Gou Jun Sinung
  • Ma Zhongxuan como Mi Biao
  • Li Baocheng como Fung Machete Chang
  • Yang Yongde como Monk Jing
  • Zhang Shaocheng como O home na noite

Galardóns e nomeamentosEditar

  • 2000: 4 Oscars: Mellor película estranxeira. 10 Nomeamentos.
  • 2000: 2 Globos de Ouro: Mellor director, película de fala non inglesa. 3 Nomeamentos.
  • 2000: 4 premios BAFTA, incluíndo David Lean á dirección, Anthony Asquith. 14 Nomeamentos.
  • 2000: National Board of Review: Mellor película de fala non inglesa.
  • 2000: Círculo de críticos de Nova York: Mellor fotografía.
  • 2000: 2 premios en el Festival de Toronto: Mellor director (Ang Lee), mellor película.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 BFI (ed.). "Crouching Tiger, Hidden Dragon". 
  2. 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Crouching Tiger, Hidden Dragon". Consultado o 3 de maio de 2010. 

Véxase taménEditar