Bille August
Bille August, nado en Virum o 9 de novembro de 1948, é un director de cinema e televisión, guionista e director de fotografía dinamarqués, gañador da Palma de Ouro en Cannes en dúas oportunidades. Contribuíu en gran medida, dende finais dos anos 1980, á boa imaxe da que goza o cinema danés no estranxeiro.
Bille August | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de novembro de 1948 |
Lugar de nacemento | Brede |
Nacionalidade | Dinamarca |
Alma máter | National Film School of Denmark |
Ocupación | director de cinema, guionista, director de fotografía, fotógrafo e realizador |
Cónxuxe | Pernilla August, Sara-Marie Maltha e Masja Dessau |
Fillos | Anders August, Alba August e Asta Kamma August |
Coñecido por | Pelle Erobreren e The Best Intentions |
Premios | LO's kulturpris, The Amanda Committee's Honorary Award, Honorary craftsman, Statens Kunstfonds hædersydelse, O Fauno Brincalhão, Palma de Ouro, Palma de Ouro e Ordem de Dannebrog |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou na Escola de Fotografía Christer Strömholm de Estocolmo e, a continuación, na Escola de Cinema dinamarquesa a comezos dos setenta. Estivo casado coa actriz sueca Pernilla August entre 1991 e 1997, coa que tivo 3 fillas. Está casado coa actriz Sara-Marie Maltha.
Dirixiu máis dunha decena de filmes, entre os que destacan Pelle Erobreren (1987), que gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1988, o Óscar e o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa en 1989, e Den goda viljan, que recrea aspectos da vida de Ingmar Bergman e dos pais deste director sueco. O mesmo Bergman elixiu a August para dirixir o filme, que tamén obtivo a Palma de Ouro en Cannes en 1992 e grazas ó cal Pernilla August, gañou o premio á mellor actriz no devandito festival.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Bille August na IMDb (en inglés).