Luis Puenzo

Luis Puenzo, nado en Buenos Aires o 19 de febreiro de 1946, é un director e guionista de cinema arxentino. Obtivo o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1986 coa súa primeira longametraxe, La historia oficial, unha historia sobre os desaparecidos pola ditadura arxentina. Pouco prolífico, rodou menos de media ducia de filmes dende entón, incluíndo Gringo viejo, con Gregory Peck sobre unha novela do mexicano Carlos Fuentes, e La peste, con William Hurt e Robert Duvall adaptando a novela homónima de Albert Camus.

Luis Puenzo
Luis Puenzo.jpg
Nacemento19 de febreiro de 1946
 Buenos Aires
NacionalidadeArxentina
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cine, escritor e guionista
FillosLucía Puenzo
editar datos en Wikidata ]

É membro fundador da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas da Arxentina e integrou como voceiro a súa primeira comisión directiva.

Desempéñase como Presidente do Instituto Nacional de Cinema e Artes Audiovisuais (INCAA).

FilmografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar