Apocalypto
Apocalypto é un filme dirixido por Mel Gibson e producido polos estudios Icon Entertainment, que foi estreado nos Estados Unidos o 8 de decembro do 2006. A historia está ambientada nas terras maias da América precolombiana e foi filmada en lingua maia iucateca. Apocalypto é un drama de acción e aventura que conta unha historia de amor, odio e violencia na era anterior á chegada dos conquistadores españois. Foi filmada no estado mexicano de Veracruz.
Apocalypto | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Apocalypto |
Director | Mel Gibson |
Produtor | Mel Gibson Bruce Davey Ned Dowd |
Guión | Mel Gibson Farhad Safinia |
Intérpretes | Rudy Youngblood Raoul Trujillo Mayra Sérbulo Dalia Hernández Gerardo Taracena Rodolfo Palacios Bernardo Ruiz Juarez Ammel Rodrigo Mendoza Ricardo Díaz Mendoza Israel Contreras |
Música | James Horner |
Fotografía | Dean Semler |
Montaxe | John Wright |
Estudio | Icon Productions |
Distribuidora | Touchstone Pictures / Icon Productions |
Estrea | 2006 |
Duración | 130 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | $40 000 000[1] |
Recadación | $121 654 337 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse Editar
Nunha aldea perdida na selva do Iucatán vive Gadoupa-Xaguar, un xove indíxena que vive en paz coa súa comunidade ata que un día o seu poboado é atacado por un grupo de guerreiros maias, que levan os mozos para sacrificios e as mulleres para seren escravas. Despois dunha desesperada resistencia, o protagonista é capturado cos seus compañeiros, mais non o foron a súa muller e o seu fillo, que foron agochados antes da chegada dos invasores. Os prisioneiros son levados a unha cidade, (probablemente Palenque ou Chichén Itzá), pero Gadoupa-Xaguar deberá enfrontarse ós seus captores para tratar de volver onda súa familia.
Personaxes Editar
- Any Puello como Heaven Flower
- Rudy Youngblood como Jaguar Paw
- Dalia Hernández como Seven
- Jonathan Brewer como Blunted
- Mayra Sérbulo como Muller nova
- Morris Birdyellowhead como Flint Sky
- Carlos Emilio Báez como Turtles Run
- Amílcar Ramírez como Curl Nose
- Israel Contreras como Smoke Frog
- Israel Ríos como Cocoa Leaf
- María Isabel Díaz como Mother-in-Law
- Iazúa Laríos como Sky Flower
- Raoul Trujillo como Zero Wolf
- Gerardo Taracena como Middle Eye
- Rodolfo Palacios como Snake Ink
- Ariel Galván como Hanging Moss
- Fernando Hernandez como High Priest
- Rafael Velez como Rei maia
- Bernardo Ruiz Juárez como Drunkards Four
- Ricardo Díaz Mendoza como Cut Rock
- Richard Can como Ten Peccary
- Carlos Ramos como Monkey Jaw
- Ammel Rodrigo Mendoza como Buzzard Hook
- Marco Antonio Argueta como Speaking Wind
- Aquetzali García como Oracle boy
- María Isidra Hoil como Oracle Girl
- Abel Woolrich como Laughing man
- Gilmerio DSouza como Ultimate Ekach
Premios Editar
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Web oficial do filme (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)