Claude Lelouch

Claude Barruck Joseph Lelouch ([ləluʃ]), nado en París o 30 de outubro de 1937 é un director, actor, produtor e director de fotografía francés.

Claude Lelouch
Claude Lelouch Cannes 2012.jpg
Lelouch en Cannes, 2012
Nome completoClaude Barruck Joseph Lelouch
Nacemento30 de outubro de 1937 (85 anos)
LugarParís, Francia
NacionalidadeFlag of France.svg Francia
Relixiónxudaísmo
Educado enCollège Sainte-Barbe e Universidade Sorbonne-Nouvelle
Cónxuxe(s)Christine (1970–?)
Évelyne Bouix (1980–1985)
Marie Sophie (1986–1992)
Alessandra Martines (1993–2009)
FillosSarah Lelouch, Salomé Lelouch e Simon Lelouch
ProfesiónDirector, produtor, guionista, director de fotografía, actor
Na rede
http://www.lesfilms13.fr/ e https://www.lesfilms13.com
IMDB: nm0500988 Allocine: 2113 Allmovie: p99291 TCM: 111739
Twitter: LelouchOfficiel Discogs: 715243 Editar o valor em Wikidata
Firma de Claude Lelouch.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Lelouch naceu en París, fillo de Charlotte Abeilard e Simon Lelouch.[1] O seu pai naceu nunha familia xudía alxeriana e a súa nai converteuse ao xudaísmo.[2][3] O seu pai deulle unha cámara para que tivese un novo comezo tralo fracaso no bacharelato. Comezou a súa carreira facendo reportaxes, unha das primeiras consistiu en filmar a vida diaria na Unión Soviética, coa cámara oculta baixo o abrigo durante unha viaxe persoal. Tamén filmou acontecementos deportivos.

A súa primeira longametraxe como director, Le Propre de l'homme, recibiu malas críticas. La femme spectacle (1963), que seguía prostitutas, mulleres de compras e operacións estéticas de nariz, foi censurado pola súa misoxinia. Un homme et une femme cambiou a súa sorte e recibiu o favor mesmo dos críticos de Cahiers du cinéma. Con este filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes e o Óscar ao mellor guión orixinal. Neste filme a música é do seu compositor habitual Francis Lai.

Nos últimos anos o público e a crítica estivo menos interesado nos seus filmes como director.

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. "Claude Lelouch Biography (1937-)". Filmreference.com. Consultado o 14 de novembro de 2011. 
  2. Joseph Tolédano, Les Juifs maghrébins, Brepols, 1989, p.287
  3. "Claude Lelouch: Life as a movie - Israel Culture, Ynetnews". Ynetnews.com. 20 de xuño de 1995. Consultado o 14 de novembro de 2011. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar