Un homme et une femme

filme de 1966 dirixido por Claude Lelouch

Un homme et une femme é un filme francés de 1966 escrito e dirixido por Claude Lelouch e protagonizado por Anouk Aimée e Jean-Louis Trintignant. Escrito por Lelouch e Pierre Uytterhoeven, o filme conta a historia dunha viúva e un viúvo que se coñecen por casualidade no colexio dos seus fillos e cuxa relación incipiente é complicada por mor das lembranzas das súas parellas mortas.[2] O filme salienta pola súa exuberante fotografía, con frecuentes secuencias entre imaxe en cor, branco e negro e sepia, e pola banda sonora composta por Francis Lai.

Un homme et une femme
Ficha técnica
Título orixinalUn homme et une femme
DirectorClaude Lelouch
ProdutorClaude Lelouch
GuiónPierre Uytterhoeven
Claude Lelouch (sen acreditar)
IntérpretesAnouk Aimée
Jean-Louis Trintignant
MúsicaFrancis Lai
FotografíaClaude Lelouch
MontaxeClaude Barrois
Claude Lelouch (sen acreditar)
EstudioLes Films 13
DistribuidoraAllied Artists
Estrea12 de xullo de 1966
Duración102 minutos
Orixe Francia
XéneroRomance
Recadación14 millóns de dólares (USA)[1]
Na rede
IMDB: tt0061138 Filmaffinity: 714147 Allocine: 1334 Rottentomatoes: m/a_man_and_a_woman Allmovie: v31060 TCM: 82535 TV.com: movies/a-man-and-a-woman-1966 Netlix: 60026991Editar o valor em Wikidata

Un homme et une femme vendeu un total de 4 272 000 entradas nos cinemas de France e foi o sexto filme con maior recadación dese ano.[3] Nos Estados Unidos, o filme recadou 14 000 000 dólares.[1] O filme gañou varios premios, incluíndo a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1966,[4] dous Globos de Ouro ó mellor filme en lingua estranxeira e mellor actriz dramática (para Aimée), e dous Premios Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e mellor guión orixinal.[5][6] Unha secuela, Un Homme et une Femme, 20 Ans Déjà foi estreada en 1986, seguida por Les Plus Belles Années d'une vie, que se estreou no ano 2019.

Sinopse editar

O piloto de carreiras Jean-Louis Duroc e Anne Gauthier, dous viúvos recentes, encóntranse por casualidade cando visitan os seus respectivos fillos nun internado e iso repítese todas as fins de semana. Un día, Anne perde o tren e Jean-Louis ofrécelle levala de volta a París; acaban converténdose en amigos íntimos e finalmente apaixonados, mais notan que as lembranzas dos cónxuxes falecidos aínda son moi fortes.

Personaxes editar

  • Anouk Aimée como Anne Gauthier
  • Jean-Louis Trintignant como Jean-Louis Duroc
  • Pierre Barouh como Pierre Gauthier
  • Valérie Lagrange como Valerie Duroc
  • Antoine Sire como Antoine Duroc
  • Souad Amidou como Françoise Gauthier
  • Henri Chemin como copiloto de Jean Louis
  • Yane Barry como amante de Jean Louis
  • Paul Le Person como empregado da gasolineira
  • Simone Paris como amante principal
  • Gerard Sire como comentarista de radio
  • Gérard Larrousse como condutor de rally
  • Jean Collomb como o servidor
  • Clive Roberts como condutor de rally[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 The Numbers (ed.). "A Man and a Woman, Box Office Information". Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  2. "A Man and a Woman". Internet Movie Database. Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  3. JP's Box Office (ed.). "Un homme et une femme". Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  4. Festival de Cannes (ed.). "Un homme et une femme". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  5. The Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "The 39th Academy Awards (1967) Nominees and Winners". Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  6. "Golden Globe Awards for 1967". Internet Movie Database. Consultado o 1 de abril de 2012. 
  7. "Full cast and crew for A Man and a Woman". Internet Movie Database. Consultado o 30 de marzo de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar