Filmes propostos ó mellor filme internacional na 39ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Os seguintes 19 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 39ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Checoslovaquia, Francia, Italia, Polonia e Iugoslavia.

Claude Lelouch, director do filme gañador.

O gañador foi Un homme et une femme dirixido por Claude Lelouch en representación de Francia. O filme tamén gañou o Óscar ó mellor guión orixinal.[1]

Romanía presentou un filme a competición por vez primeira.

Propostas editar

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  Alemaña Occidental Der junge Törless Alemán Volker Schlöndorff Non nomeado
  Checoslovaquia Lásky jedné plavovlásky Checo Miloš Forman
Nomeado
  Corea do Sur Ssal Coreano Shin Sang-ok Non nomeado
  Dinamarca Sult Dinamarqués Henning Carlsen Non nomeado
  Exipto Al-Qāhira 30 Árabe Salah Abu Seif Non nomeado
  Francia Un homme et une femme Francés Claude Lelouch Premio da Academia
  Grecia Dama spathi Grego George Skalenakis Non nomeado
  Hong Kong Dà zuì xiá Mandarín King Hu Non nomeado
  Hungría Szegénylegények Húngaro Miklós Jancsó Non nomeado
  India Amrapali Hindi Lekh Tandon Non nomeado
  Israel Sh'nei Quni Lem'l Hebreo Israel Becker Non nomeado
  Italia La battaglia di Algeri Francés e árabe Gillo Pontecorvo
Nomeado
  Iugoslavia Tri Serbocroata Aleksandar Petrović
Nomeado
  México Viento negro Castelán Servando González Non nomeado
  Polonia Faraon Polaco Jerzy Kawalerowicz
Nomeado
  Romanía Răscoala Romanés Mircea Mureșan Non nomeado
  Suecia Persona Sueco Ingmar Bergman Non nomeado
  Taiwán Yǎnǚ qíngxīn Mandarín Hsing Lee Non nomeado
  Xapón Umi no Koto Xaponés Tomotaka Tasaka Non nomeado

Notas editar

  1. oscars.org (ed.). "The 39th Academy Awards (1967) Nominees and Winners". Consultado o 9 de setembro de 2011.