Tess (filme de 1979)

filme de 1979 dirixido por Roman Polanski

Tess é un filme franco-británico de 1979 dirixido por Roman Polanski e protagonizado por Nastassja Kinski, Peter Firth e Leigh Lawson. É unha adaptación da novela de Thomas Hardy Tess of the d'Urbervilles (1891).[3] O guión foi escrito por Gérard Brach, John Brownjohn e Roman Polanski. O filme recibiu críticas positivas logo da súa estrea e foi nomeado a seis Premios Óscar, incluíndo mellor filme, e gañando nas categorías de mellor fotografía, mellor deseño de produción e mellor deseño de vestiario.

Tess
Ficha técnica
Título orixinalTess
DirectorRoman Polanski
ProdutorClaude Berri
GuiónGerard Brach
John Brownjohn
Roman Polanski
Baseado enTess of the d'Urbervilles
por Thomas Hardy
IntérpretesNastassja Kinski
Peter Firth
Leigh Lawson
MúsicaPhilippe Sarde
FotografíaGhislain Cloquet
Geoffrey Unsworth
MontaxeAlastair McIntyre
Tom Priestley
EstudioRenn Productions
Timothy Burrill Productions
SFP
DistribuidoraColumbia-EMI-Warner Distributors (Reino Unido)[1]
AMLF (Francia)[2]
EstreaFrancia 31 de outubro de 1979
Duración186 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Francia
XéneroDrama
Orzamento12 millóns de dólares (est.)
Recadación20,1 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0080009 Filmaffinity: 704206 Allocine: 823 Rottentomatoes: m/tess Mojo: tess Allmovie: v49171 TCM: 92614 Netlix: 60010978Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 8 de febreiro de 2023 a través da TVG.[4][5]

Sinopse editar

A historia ten lugar nos condados rurais de Dorset, Inglaterra durante a época vitoriana. A acción desencadéase cando, de maneira inocente, o crego dunha aldea, Parson Tringham (Tony Church), lle revela a John Durbeyfield (John Collin), un honrado granxeiro, que os "Durbeyfields" son realmente descendentes dos d’Urbervilles, unha nobre familia case extinguida cuxa liñaxe se remonta até a época de Guillerme o Conquistador. Esta información semella inútil xa que a familia perdeu as súas terras e o seu prestixio cando morreron os herdeiros varóns. O crego simplemente pensa que a Durbeyfield lle gustaría coñecer as súas orixes como curiosidade histórica.

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Tess (1979)". BBFC. Consultado o 3 de xullo de 2021. 
  2. "Tess (1979)". UniFrance. Consultado o 3 de xullo de 2021. 
  3. Variety film review; 7 de novembro de 1979.
  4. @AntRubal (ed.). "Tess en galego na TVG". Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  5. @DobraxeGalega (ed.). "Filmes dobrados ao galego na TVG en 2023". Consultado o 3 de xaneiro de 2024.