Os luns ó sol
Os luns ó sol (en castelán: Los lunes al sol) é un filme de Fernando León de Aranoa protagonizado por Javier Bardem e actores galegos como Luís Tosar ou José Ángel Egido entre outros. Esta foi produción rodada principalmente entre A Coruña e Vigo, sendo estreada en 2002. Obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios Premios Mestre Mateo e varios premios Goya. Foi galardoado co Premio Mestre Mateo ó mellor filme na 1ª edición dos premios.
Os luns ó sol | |
---|---|
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | cinema dramático e comedia socal ![]() |
Lingua orixinal | lingua castelá ![]() |
Autoría | |
Director/a | Fernando León de Aranoa ![]() |
Compositor/a | Lucio Godoy ![]() |
Guionista | Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral Ituarte ![]() |
Director/a fotografía | Alfredo Mayo ![]() |
Deseñador/a son | Pierre Lorrain ![]() |
Editor/a de cine | Nacho Ruiz Capillas ![]() |
Deseñador/a vestiario | Maiki Marín ![]() |
Maquillador/a | Carlos Hernández ![]() |
Temática | |
Tema principal | urbanity (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ambientado en | Vigo ![]() |
Publicación | |
Data publicación
| |
País orixe | España, Italia e Francia ![]() |
Produtor/a | Elías Querejeta ![]() |
Compañía produtora | Elías Querejeta PC, Quo Vadis Cinéma (en) ![]() ![]() ![]() |
Distribuidor/a | Warner Bros. e Fandango at Home ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Puntuación crítica
| |
Cronoloxía | |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 53 minutos ![]() |
Premios | |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Sinopse
editarO escenario desta película é unha cidade costeira de Galiza. Os protagonistas son un grupo de amigos que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Personaxes
editar- Javier Bardem como Santa
- Luís Tosar como José
- José Ángel Egido como Lino
- Nieve de Medina como Ana
- Enrique Villén como Reina
- Celso Bugallo como Amador
- Joaquín Climent como Rico
- Aida Folch como Nata
- Fernando Tejero como Lázaro
- Laura Domínguez como Ángela
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
1ª edición | Mellor filme | Elías Querejeta | Gañador |
Mellor actor | Luís Tosar | Gañador | |
Mellor actor secundario | Celso Bugallo | Gañador | |
Mellor actor secundario | José Ángel Egido | Nomeado |
Goya
editar- Premio á mellor película.
- Premio ó mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Premio ó mellor actor principal para Javier Bardem.
- Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
- Premio ó mellor actor revelación para José Ángel Egido.
- Nomeamento a mellor actriz revelación para Nieve de Medina.
- Nomeamento ó mellor guión (Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral).
- Nomeamento á mellor montaxe.
- Unión de Actores:
- Premio ó mellor actor protagonista para Javier Bardem.
- Premio ó mellor actor de repartimento para Joaquín Climent.
- Premio á mellor actriz secundaria e revelación para Nieve de Medina.
- Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
- Nomeamentos ó mellor actor revelación e secundario para José Ángel Egido.
- Premio Sant Jordi ó mellor actor español para Luís Tosar.
- Festival de San Sebastián:
- Cuncha de ouro á mellor película.
- Premio Ondas á mellor película española.
- Fotogramas de Plata.
- Premio á mellor película.
- Premio ó mellor actor de cine para Javier Bardem.
- Premios do cine europeo:
- Nomeamento a mellor actor para Javier Bardem.
- Nomeamento a mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Nomeamento a mellor actriz para Nieve de Medina.
- Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos.
- Premio á mellor película.
- Premio ó mellor guión (Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral).
- Premio ó mellor actor principal para Javier Bardem.
- Premio ó mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
- Premio á mellor actriz secundaria para Nieve de Medina.
- Nomeamento ó mellor actor secundario para José Ángel Egido.
- Nomeamento a mellor fotografía, montaxe, música orixinal.
- Premios ACE:
- Premio ó mellor actor para Javier Bardem.
- Premio á mellor actriz secundaria para Nieve de Medina.
- Nomeamento a mellor película.
- Nomeamento a mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Nomeamento a mellor actor secundario para Luís Tosar.
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar