Ramón Sampedro

mariñeiro, escritor e defensor da eutanasia galego

Ramón Sampedro Cameán, nado na parroquia de Xuño o 5 de xaneiro de 1943 e finado en Boiro o 12 de xaneiro de 1998, foi un mariñeiro, escritor galego e defensor da eutanasia.

Infotaula de personaRamón Sampedro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ramón Sampedro Cameán Editar o valor em Wikidata
5 de xaneiro de 1943 Editar o valor em Wikidata
Porto do Son, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xaneiro de 1998 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Boiro, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicídio assistido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata (Intoxicación por cianuro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSuicídio assistido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
OcupaciónMariñeiro e escritor
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 3197 Find a Grave: 10064410 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
As furnas, Praia das Furnas, Xuño, Porto do Son.

Con 19 anos enrolouse na mariña mercante como mécanico co obxectivo de coñecer mundo. Aos 25 anos, o 23 de agosto de 1968 un accidente na praia das Furnas, en Porto do Son, déixao tetrapléxico, sen poderse mover de pescozo para abaixo. Decidido a morrer, pero impedido fisicamente para suicidarse, emprende unha loita legal polo dereito a exercer a eutanasia. Co código penal español, a eutanasia activa, é dicir, a axuda a morrer a unha persoa que ten vontade de facelo pero que non pode facelo en por si, está castigada pola lei e considerada homicidio.

Esta loita legal non deu os froitos agardados, malia a repercusión dos medios do caso, pois chegou tanto á xustiza española como a unha comisión europea en Estrasburgo. O seu caso apareceu nos xornais de todo o mundo.

En xaneiro de 1998, e logo de vinte e nove anos sen poder moverse, leva a cabo un plan para acabar coa súa vida, coa axuda de diversas persoas. Envelénase con cianuro potásico e filma os seus últimos momentos e a súa morte cunha cámara de vídeo, para exculpar esas persoas. A xornalista Ramona Maneiro foi acusada de achegarlle o vaso co veleno, pero foi absolta por falta de probas. Anos máis tarde, cando o delito xa prescribira, Maneiro recoñeceu que fora ela quen o asistira no suicidio.

Obra editar

Escribiu dous libros: Cartas desde el infierno (1996) onde agrupou os seus escritos ata ese momento e, xa postumamente, o poemario Cando eu caia (1998). Traducida ao castelán.[1]

Cine editar

Notas editar

  1. "Cuando yo caiga". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar