Abrir o menú principal

Condenado a vivir

filme de 2001 dirixido por Roberto Bodegas

Condenado a vivir é un telefilme realizado para a TVG en 1999. Supuxo o primeiro proxecto para levar á ficción a historia de Ramón Sampedro, malia que o máis coñecido sexa a posterior e oscarizada película de Alejandro Amenábar, Mar Adentro.

Condenado a vivir
Ficha técnica
Título orixinalCondenado a vivir
DirectorRoberto Bodegas
IntérpretesMaría Bouzas, Vicente Montoto, Luisa Martínez, Rosa Álvarez, Sonia Castelo, Cristina Pascual, Julio Lago, Francisco González Catoira, Mariana Carballal, Cristina Espinosa, Xan Casas, Monti Castiñeiras, Ingrid Reino, Avelino González
Estrea1999
OrixeGalicia Galicia

Realizouse cun equipo integramente galego, e o actor encargado de dar vida ó tetrapléxico coruñés foi o actor Ernesto Chao.

PremiosEditar

Cabe salientar que esta produción foi candidata ós premios da ATV no 2002. Ernesto Chao acadou o Premio Chano Piñeiro ó mellor actor pola súa interpretación de Ramón Sampedro.

Véxase taménEditar