Avelino González
- Non confundir con Avelino González Mallada, anarquista asturiano.
Xosé Avelino González Fernández, coñecido como Avelino González, nado en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1962, é un actor galego, narrador oral, director e tradutor de teatro, especialista en comedia, contacontos e animación de rúa. A súa irmá é Helena González Fernández.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) Santo André de Comesaña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Lingua | Lingua galega |
Páxina web | avelinogonzalez.gal |
Traxectoria
editarComezou a súa carreira no teatro en A Farándula (Vigo, 1980), compañía na que colaborou ata a súa desaparición. Fundador de Tranvía Teatro (1989), con Cándido Pazó, e de Ollomoltranvía (1993),[1] deu o salto ao cine en 1987 con Gallego, no que ten feito filmes nos que destaca ¿A ti como se che di adeus? Na pequena pantalla ten actuado en programas de lecer (Arestora, Luar...), series (Mareas Vivas, Galicia Express...) e telefilmes (Condenado a vivir). O seu personaxe Miñato, da serie Padre Casares, é un dos que máis popularidade lle dan. Foi presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia entre 2013 e 2015[2].
Cómpre salientar o seu traballo como narrador, actor, tradutor e director teatral. Nas súas historias o humor combínase cun emprego enxeñoso da lingua, a historia, a memoria, a literatura, a tradición oral e mais a crítica social e política. Mantén un fío de escrita creativa no Facebook, titulado "Blogme tendal" a partir de fotografías de roupa estendida, ao xeito das cousas de Castelao. Unha delas foi publicada na revista Luzes. Participou no audiolibro Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó editado polo Consello da Cultura Galega, 2010.[3] Interveu na homenaxe a Xela Arias, con quen mantiña relación de amizade, que tivo lugar en Vigo en 2014, e mais no libro Xela Arias, quedas en nós.
Ten publicado, de maneira puntual, colaboracións sobre teatro nas revistas ADE: Teatro, Escaramuza, Información Teatral. A revista Luzes recolle unha das cousas de Blogme Tendal.
Teatro
editarComo actor
editar- Commedia, un xoguete para Goldoni. 25 anos despois, de Carlo Goldoni (coproducido por Contra e a MIT Ribadavia); dirixido por Cándido Pazó (2018). Estrea na MIT Ribadavia. Versión revisada do espectáculo orixinal de 1993.[4]
- Tarará-chis-pum, produción do Centro Dramático Galego; dirixido por Artello Teatro Alla Scala (2006).
- As laranxas mais laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares, produción do Centro Dramático Galego; dirixido por José Caldas (2004)
- Animaliños, de R. Vidal Bolaño (Compañía Teatro do Aquí); dirixido por Roberto Vidal Bolaño (2002)
- Policía, de Sławomir Mrożek (Ollomoltranvía); dirixido por Cándido Pazó (2001)
- Estação Mahagonny, de Alexandra Moreira da Silva (adaptación de Aufstieg und Untergang der Stadt Mahagonny de Bertolt Brecht e Kurt Weill (Teatro do Noroeste e Centro Dramático de Viana, 1998)
- Escola de Bufóns, de Michel de Ghelderode (Ollomoltranvía); dirixido por Fabio Mangolini (1997)
- O rei nu, de Cándido Pazó e Quico Cadaval (Ollomoltranvía); dirixido por Cándido Pazó (1995)
- Raíñas de Pedra, de Cándido Pazó (Ollomoltranvía); dirixido por Hélder Costa (1994)
- Commedia, un xoguete para Goldoni, de Carlo Goldoni (Ollomoltranvía); dirixido por Cándido Pazó (1993)
- Historia do Soldado, de Igor Stravinskii (Centro Dramático Galego) (1993)
- Un Soño de Verán de William Shakespeare (Centro Dramático Galego); dirixido por Eduardo Alonso (1992)
- As Alegres Casadas de William Shakespeare (Centro Dramático Galego); dirixido por Eduardo Alonso (1989)
Como director e autor
editar- Saaabor!, 2018, producido por Culturactiva SCQ. Dirección.[5]
- Sénior, 2018, producido por Coperactiva. Dirección.
- Copérate, 2017, producido por Coperactiva. Dirección.
- Dous no camiño, 2017, producido por Coperactiva. Dirección.
- Filosofando, 2015, producido por Coperactiva. Dirección.
- The Telephone, 2015, de Gian Carlo Menotti para a Real Filharmonía de Galicia. Dirección.
- A historia de Brancaflor, 2014, producido por Coperactiva. Dirección e texto. Adaptación con Fran Rei do conto marabilloso recollido por Xosé Ramón Mariño Ferro. Espectáculo infantil.[6]
- Pelos na lingua, 2011. Estrea no Pazo da Cultura de Carballo por Talía Teatro.[7] A partir de textos de Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende.
- Tarará-chis-pum 2007. Texto do espectáculo do mesmo nome. Creación colectiva de Anabel Gago, Avelino González, Bea Porrúa, Fran Peleteiro, José Carlos Illanes, Manuel Polo, Noemi Rodríguez, Rosa Hurtado e Santiago Montenegro. Foi publicado en libro en Laiovento, 2011.
- Crónica de Avilés de Taramancos, 2003, producido por Falabarato. Dirección.
- Bicos con lingua, 2003. Estrea no Teatro Principal de Compostela, producido por Talía Teatro. Dirección e texto. A partir de relatos de Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Iglesias, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala.[8]
- Cartas de amor (Love Letters no seu título orixinal en inglés), 2001, de A.R. Gurney, para Lagarta, lagarta. Dirección.
Como tradutor e adaptador
editar- Meu ben, de Elaine Murphy, con Olga F. Nogueira. Estreada no Pazo da Cultura de Narón en 2014 pola compañía Eme2. Dirección de Álvaro Lavín.
- Unha hora na vida de Stefan Zweig, de Antonio Tabares. Estreada en Narón en 2014 pola compañía Lagarta, lagarta. Dirección de Rosa Álvarez.
- Ladrón e familia (Non tutti i ladri vengono per nuocere no seu título orixinal en italiano), de Dario Fo. Estreada en 2012 no Auditorio Patelas de Cuntis por Teatro do Astracán. Dirección de Evaristo Calvo.
- Un cranio furado (A Skull in Connemara no seu título orixinal en inglés), de Martin McDonagh. Estreada en 2010 pola compañía Producións Teatrais Excéntricas. Dirección de Quico Cadaval.
- A bombilla máxica, de Woody Allen con Olga F. Nogueira. Estreada en 2007 pola compañía Teatro do Atlántico. Dirección de Xúlio Lago.
- A raíña da beleza de Leelane, de Martin McDonagh, con Olga F. Nogueira. Estreada en 2006 na Sala Yago de Santiago de Compostela por Teatro do Atlántico. Dirección de Xúlio Lago.
Narración oral ou contacontos
editarTen participado en numerosos festivais de narración oral galegos e internacionais.[9][10]
O espectáculo Vento mareiro xorde do Primeiro Concerto expansivo Nunca Máis organizado pola Plataforma contra a Burla Negra en 2003. Trátase dunha colaboración do narrador oral co Cuarteto Caramuxo. Nel recóllense historias viradas ao mar: unha copla do entroido de Cee sobre a caza de baleas e as factorías de Caneliñas e de Massó, un conto arredor da relación mítica de Galicia coas sereas, outra historia sobre un paisano de Noia chamado Andrucho que pasou de patrón de veleiro a patrón de gabarra no Amazonas organizando remesas de armas para a guerrilla colombiana, unha historia de pesca no Gran Sol.[11] A narración oral combínase coa parte musical (habaneras, valses, pasodobres e jazz).
O contacontos é fonte de historias, sucesos e anécdotas amables, tráxicas ou canallas como contar a historia das baleas de Massó en Cangas e o xabón de La Toja; a da decadencia do acordeón por culpa das sereas que acaban bailando o tico-tico homenaxeando ós Acordeóns Mallo; ou a historia do Andrucho -de Avilés de Taramancos- que de patrón de veleiro na ría de Noia, converteuse, xa vello, en contrabandista no Amazonas. Os autores definen o espectáculo como bailable, «a medio camiño entre unha sesión de contacontos e a sesión vermouth.[12]
Vento mareiro foi o espectáculo máis representado en Galicia en 2005.[13]
Algúns dos seus monólogos e contos son:
- Entre un galo e un polbo (2017), baseado na vida e na obra literaria de Carlos Casares.[14]
- Contos de contrabando (2017)[15][16][17][18]
- "O conto da lumbrighanta e anguiacho", no encontro Ponte... nas ondas! (2016), baseado en Os ausentes de Casteltón, de Jacobo Barros
- Historias tenras e canallas (2015)[19]
- Contos literarios (2015)[20]
- Xente coma nós (2014)[21]
- "Conto do reloxo", no encontro Ponte... nas ondas! (2012)[22][23]
- "De como os galegos falamos portugués ao acatarrármonos" (2011)[24]
- "Algúns exemplos de lingüística gastronómica" (2011)[25]
- Vento mareiro, creado por Avelino González e o Cuarteto Caramuxo. Estrea oficial no Teatro Coliseo Noela de Noia en 2005. Guión con textos de Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Avilés de Taramancos e o propio Avelino González
- "El e ela" (2008)[26]
Audiovisual
editarActor de ficción en distintos formatos e medios, que inclúe series de televisión, cine e webseries, tamén traballou como personaxe para programas infantís (O campo de atrás) e de entretemento. Fixo de actor de captura de momentos para o filme El Cid e a serie Goomer (Filmax/Bren Entertainment). Parte do seu traballo audiovisual aparece nos videobooks de 2012[27] e 2017[28].
Cine
editar- Valores familiares, dirección de Jesús Pedrosa (2012). Curtametraxe.[29]
- O máis rico (do cemiterio), dirección e guión de Jorge Fernández (2007). Curtametraxe.[30][31]
- Lúa e Leo, dirección de Clara García Nieto (2007). Curtametraxe.[32]
- Te encontré, dirixida por Susana Estévez (2006). Curtametraxe.
- Heroína (Gerardo Herrero, 2004)
- Condenado a vivir (Roberto Bodegas, 2000)
- Lena (Gonzalo Tapia, 2000)
- A caída dun manager malvado (Marcos Estebo, 2000)
- ¿A ti como se che di adeus?, dirección de Jorge Coira (1998). Curtametraxe.[33]
- Gallego (Octavio Gómez, 1987)
Televisión
editar- Serramoura, producido por Voz Audiovisual para TVG. Serie.
- Pazo de familia, producido por Voz Audiovisual para TVG. Serie
- Seis Hermanas, producido por Bambú Producciones para TVE (2015). Serie.
- Clases de lo social, webserie con dirección e guión de Pablo Cacheda de la Paz (2013). Webserie.
- Piratas, dirección de Jorge Coira e Jorge Saavedra Mancebo, para Telecinco (2011). Serie.
- Padre Casares, producido por Voz Audiovisual para TVG (2008). Serie.
- A vida por diante, producido por Voz Audiovisual para TVG (2006). Serie.
- Comando zapping, producido por Productora Faro para TVG (2005-2006)
- Cuéntame, producido por Ganga para TVE (2005).
- As leis de Celavella, producido por Voz Audiovisual para TVG (2003-2004). Serie.
- Rías baixas, producido por Zenith Televisión para TVG (2004). Serie.
- Máxima Audiencia/zapping producido por TVG (2004)
- Hospital Central, producido por Videomedia para Telecinco (2003). Serie.
- Lluvia, dirixido por Isabel Coixet, producida por Canal+ (2000)
- Galicia Express, producido por Portozás Visión para TVG (2000). Serie.
- Mareas vivas producido por N.T.R. para TVG (2000). Serie.
- Pratos combinados, producido por Editorial Compostela para TVG (1998-2004). Serie.
- Luar, producido por TVG (1997)
- Arestora, (TVG) (1988-1989), onde facía de Pupo.
- O Campo de Atrás dirixido por Manuel Pombal para a TVG (1988). Infantil.
Premios
editar- Premio Compostela ao mellor actor secundario por Un soño de verán (1993)
- Premio María Casares ó mellor texto orixinal por Bicos con Lingua (2004)
- Nomeado ao Premio María Casares á mellor dirección por Bicos con lingua (2004)
- Nomeado ao Premio María Casares ó mellor texto adaptado por Vento Mareiro (2006)
- Premio María Casares ó mellor texto traducido, con Olga F. Nogueira, por A raíña da beleza de Leelane (2007)
- Premio María Casares ó mellor texto traducido, con Olga F. Nogueira, por A bombilla máxica (2007)
- Premio María Casares ó mellor texto traducido, por Un cranio furado (2011)
- Premio Max ao mellor autor teatral en galego, con Artur Trillo e María Ordóñez, por Pelos na lingua (2012)
Activismo
editarAvelino González participa en accións reivindicativas, a prol da defensa da lingua e da cultura galegas, contra a censura e pola liberdade de expresión, a axuda aos campos de refuxiados do Sáhara, e sinalados movementos cidadáns en Galicia (Nunca máis...).[34][35] Nalgúns casos participa prestando a súa imaxe pública:
- Intervención e adaptación do poema de Rosalía de Castro en Adiós ríos, adiós fontes. Microactivismo poético dende o Val Miñor (2017), na campaña Lumes Nunca Máis![36]. Música de Rubén Artabe. Gravación e edición de Alga Photography e mediaLab Casa Colorida.
- Intervención na campaña Como cho digo, da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (2014)[37]
- Intervención na campaña #euapoioa Asodifisi, da Asociación de Disminuidos Físicos y Síquicos ASO.DI.FISI (2012)[1]
Notas
editar- ↑ González, Avelino (2000). "De Tranvía-Teatro a Ollomoltranvía". Información teatral 24: 38–39.
- ↑ "A Asociación". aaag.gal. Consultado o 2018-04-21.
- ↑ Rodríguez Castelao, Afonso (2010). Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó. Consello da Cultura Galega. ISBN 84-95415-23-2.
- ↑ culturagalega.org (2018-07-13). "Cándido Pazó reestrea en Ribadavia a súa Commedia. A Mostra Internacional de Teatro acolle a montaxe de Contra Producións". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2018-07-18.
- ↑ "Saaabor! | Culturactiva". www.culturactiva.org. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ "Catálogo RGTA 2013 2º semestre - [PDF Document]". vdocuments.mx (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ "Pelos na lingua - Talía Teatro · Compañía de Teatro galega". taliateatro.gal. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ "Bicos con Lingua - Talía Teatro · Compañía de Teatro galega". taliateatro.gal. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ "O actor Avelino González tráenos a mellor narración oral galega a Londres". Fala Londres. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ García Rodicio, Juan José (2016). "A recuperación do oficio de contacontos en Ourense dende 1993", Actas do II Congreso Internacional de Etnografía. O patrimonio do século XXI. Serie Raigame. ISBN 978-84-691-8835-4.
- ↑ "Avelino González y Caramuxo llevan su propuesta músico-vocal al teatro Galán". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-01-20. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ "O espectáculo «Vento mareiro» repasa hoxe contos do mar con ritmos bailables". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-05-27. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ "Avelino González e Caramuxo estrean o seu novo espectáculo en Noia: Vento Mareiro | Galicia en el Mundo | Galicia no Mundo". www.galiciaenelmundo.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 2018-04-21.
- ↑ "Monólogo de Avelino González en Nigrán - Telemariñas". Telemariñas (en castelán). 2017-04-27. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ "Avelino González actuará en el museo Ramón Aller". Faro de Vigo. Consultado o 2018-04-21.
- ↑ AAVV Zarracós (2017-07-30). "Avelino González - Contos de contrabando (1)". Consultado o 2018-04-21.
- ↑ AAVV Zarracós (2017-07-31). "Avelino González - Contos de contrabando (2)". Consultado o 2018-04-21.
- ↑ AAVV Zarracós (2017-07-31). "Avelino González - Contos de Contrabando (3)". Consultado o 2018-04-21.
- ↑ "“Historias tenras e canallas” de Avelino González en COMPOSTELA CAPITAL CULTURAL". www.compostelacapitalcultural.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ "Avelino González acerca "Contos literarios" a la biblioteca de Pazos". Faro de Vigo. Consultado o 2018-04-23.
- ↑ "El humorista Avelino González actúa en el festival de monólogos". Faro de Vigo. Consultado o 2018-04-23.
- ↑ by, Created. "conto do reloxo in avelino gonzalez". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-21.
- ↑ "Saúda de Avelino González -". tv.uvigo.es. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ asgabarras (2011-04-12). "Avelino González. De como os galegos falamos portugués ao acatarrármonos". Consultado o 2018-04-21.
- ↑ asgabarras (2011-04-12). "Avelino González. Algúns exemplos de Lingüística Gastronómica". Consultado o 2018-04-21.
- ↑ jornadasdoconto (2008-09-17). "Jornadas do Conto: Avelino González". Consultado o 2018-04-21.
- ↑ avelino gonzalez (2012-01-23). "Avelino Gonzalez (Videobook)". Consultado o 2018-04-21.
- ↑ "Avelino_González videobook". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-22.
- ↑ "Valores familiares". Flickr (en inglés). Consultado o 2018-04-21.
- ↑ "O máis rico (do cemiterio)". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-21.
- ↑ xabato (2008-11-10). "O máis rico do (cemiterio) en Onda Curta". Consultado o 2018-04-21.
- ↑ Nieto, Clara García (2007). "Lúa e Leo". Consultado o 2018-04-24.
- ↑ by, Created. "lua y leo in avelino gonzalez". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-21.
- ↑ "Fotos M23F 23/2/2003 (2)". mais.vieiros.com. Arquivado dende o orixinal o 30/09/2022. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ Internet, Acordar Comunicación en. "Vieiros: Galiza Hoxe - Manifesto ante o novo escenario político". www.vieiros.com. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ MediaLab Colorida (2017-12-16). "‘‘Adiós ríos, Adiós Fontes’’ - Microactivismo Poético". Consultado o 2018-04-22.
- ↑ asodifisi (2012-04-23). "Avelino González, Miñato en Padre Casares #euapoioa Asodifisi". Consultado o 2018-04-21.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avelino González |