Premio María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido
Os Premios de Teatro María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido outórgaos a Asociación de Actores e Actrices de Galicia aos mellores traballos en tradución ou adaptación de textos teatrais a espectáculos da temporada anterior.
Os galardóns
editarOs Premios María Casares galardoaron na categoría de mellor texto adaptado ou traducido os e as seguintes profesionais:
- 1998. Carlos Blanco, Cándido Pazó, Josito Porto por Nano (Teatro do Adro)
- 1999. César Campodónico, Celso Parada por O lazariño de Tormes (Teatro do Morcego )
- 2000. Quico Cadaval por Si o vello Simbad volvese ás illas... (Centro Dramático Galego)
- 2001. Fina Calleja, Ánxeles Cuña, Begoña Muñoz por O lapis do carpinteiro (Sarabela Teatro)
- 2002. Fina Calleja, Ánxeles Cuña, Begoña Muñoz por Sexismunda (Sarabela Teatro)
- 2003. Quico Cadaval por Rapatú (Tanxarina)
- 2004. Ánxeles Cuña por Así que pasen cinco anos (Sarabela Teatro)
- 2005. Quico Cadaval por O ano do cometa (Centro Dramático Galego)
- 2006. Alexandra Koss por Tío Vania (A Factoría Teatro)
- 2007. Avelino González e Olga Nogueira por A raíña da beleza de Leenane (Teatro do Atlántico)
- 2008. Avelino González e Olga Nogueira por A bombilla máxica (Teatro do Atlántico)
- 2009. Avelino González e Olga Nogueira por Aeroplanos (Lagarta, lagarta)
- 2010. Begoña Muñoz e Carlos Couceiro por A esmorga (Sarabela Teatro)
- 2011. Avelino González por Un cranio furado (Producións Teatrais Excéntricas)[1].
- 2012. Avelino González por Oeste solitario (Producións Teatráis Excéntricas)
- 2013. Ánxeles Cuña por Viaxe a ningunha parte (Sarabela Teatro)
- 2014. Xosé Manuel Pazos Varela por A charca inútil (Teatro do Atlántico)
- 2015. Catuxa López Pato por Perplexo (ilMaquinario Teatro)
- 2016. Afonso Becerra por O principio de Arquímedes (Teatro do Atlántico)
- 2017. Cándido Pazó, Santi Romay e Alberto Rodríguez por O tolleito de Inishmaan (Contraproducións e FIOT Carballo)
- 2018. Quico Cadaval por A cabeza do dragón (Producións Teatrais Excéntricas)
- 2019. Marián Bañobre e Santiago Cortegoso por Invisibles (Redrum Teatro)
- 2020. María Peinado por O meu mundo non é deste Reino (Teatro da Rambola)
- 2021. Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro por A lingua das bolboretas (Sarabela Teatro)
- 2022. Vanesa Sotelo por A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante.
- 2023. Quico Cadaval e Pepe Sendón por O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas.
As profesionais máis premiadas
editarAvelino González e Quico Cadaval conseguiron o galardón en cinco ocasións. En catro foi Ánxeles Cuña ,e en tres fixérono Begoña Muñoz e Olga Nogueira. Ademais, Fina Calleja obtívoo por dúas veces.