Elaine Murphy

dramaturga irlandesa


Elaine Murphy é unha dramaturga irlandesa vinculada ao Abbey Theatre e actriz.

Infotaula de personaElaine Murphy
Biografía
NacementoIlla de Irlanda Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturga , escritora Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Murphy empeza a escribir para escena logo dunha experiencia inicial como actriz de teatro e televisión, por iso as súas pezas procuran crear papeis relevantes para as actrices. A súa primeira obra teatral, Little Gem, estreouse no Dublin Fringe Festival en 2018, acadou un éxito inmediato, foi galardoada con diversos premios e representada por diversas compañías. Trátase dunha comedia protagonizada por tres xeracións de mulleres que falan sobre as súas vidas, os seus desexos e a súa sexualidade.[1][2] Segundo a autora, a obra xorde do contacto coas mulleres irlandesas:

Eu traballo a tempo parcial nunha organización de saúde para a mulleres. Meu Ben creceu a partir de aí, é unha mestura de todas as mulleres que coñecín nos últimos anos: traballadoras, non particularmente ricas nin pobres, ignoradas durante o Tigre Celta, para as que a recesión non suporá un gran cambio, xa sabes, as mulleres coma nós, seguimos tirando para diante.[3]

Escribiu varias obras para o Abbey Theatre. A primeira delas, Ribbons, foi un encargo para The Fairer Sex, un programa de pezas breves para promover a aparición de novas dramaturgas. En 2018, despois dun tempo de pausa por razóns familiares (o nacemento dos fillos e a morte da nai) acada o premio PJ O'Connor de teatro radiofónico con Ma, a historia dunha nai alcoólica que se reencontra coa súa filla. A historia parte dunha nova no xornal sobre unha muller xaponesa marcada polas adiccións e a soidade.[4]

Obra dramática editar

  • Shush, dirixida por Jim Cullenton. Estrea en 2013 no Abbey Theatre, en Berlín. Publicado en libro por Nick Ern Books en 2013.[5]
  • Ribbons, dirixida por Wayne Jordan. Estrea en 2009 no Peacock Stage do Abbey Theatre, en Berlín. Publicado en libro por Nick Ern Books en 2012.
  • Little Gem, dirixida por Paul Meade. Estrea en 2008 por Gúna Nua and Civic Theatre, en Berlín. Publicado en libro por Nick Ern Books en 2009.[6]
  • Ma, dirixida por Gorretti Slavin; son de Ciaran Dunne. Emisión no programa "Drama On One" da RTÉ.[4]

Premios editar

  • Fishamble New Writing Award (2009) por Little Gem.[7]
  • BBC Radio Drama Award de Stewart Parker Trust (2008).[8]
  • Carol Tambor Best of Edinburg Award (2009) por Little Gem. É a primeira produción irlandesa que acada esta distinción.[9][3]
  • PJ O'Connor Radio Drama Awards (2018) por Ma. Premio de teatro radiofónico da RTÉ.

Adaptacións ao galego editar

  • Adaptación de Little Gem co título Meu ben, por Avelino González e Olga F. Nogueira. Estreada no Pazo da Cultura de Narón en 2014 pola compañía Eme2. Dirección de Álvaro Lavín.

Vida persoal editar

Casou en 2011 co músico e actor Gavin McCaffrey.[10]

Notas editar

  1. "Elaine Murphy: Following up a gem of a play on the national stage". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2018-04-24. 
  2. Isherwood, Charles (2010). "At the Flea, 3 Irish Women Bound by Blood and Behavior". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-04-24. 
  3. 3,0 3,1 "Meu Ben - eme2". eme2. Consultado o 2018-04-24. 
  4. 4,0 4,1 "Drama On One: Listen to the award-winning 'Ma' by Elaine Murphy". RTE.ie (en inglés). 2018-07-13. Consultado o 2018-10-12. 
  5. "Curtis Brown". www.curtisbrown.co.uk. Consultado o 2018-04-24. 
  6. "PLAYS - Little Gem". irishplayography.com. Consultado o 2018-04-24. 
  7. "Fishamble New Writing Award". Fishamble: The New Play Company (en inglés). Consultado o 2018-04-24. 
  8. "Awards". stewartparkertrust (en inglés). Consultado o 2018-04-24. 
  9. "Previous Years". www.caroltambor.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2018. Consultado o 2018-04-24. 
  10. O'Rourke, Frances. "First Encounters: Elaine Murphy and Gavin McCaffrey". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2018-10-12. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar