Premio María Casares ó mellor texto orixinal
Os Premios de Teatro María Casares ao mellor texto orixinal outórgaos a Asociación de Actores e Actrices de Galicia aos mellores traballos nesa especialidade teatral da temporada anterior.
Os galardóns
editarOs Premios María Casares galardoaron na categoría de mellor texto orixinal os seguintes profesionais:
- 1997. Gustavo Pernas por Ladraremos (Áncora Produccións)
- 1998. Roberto Vidal Bolaño por Anxeliños (Teatro do Aquí)
- 1999. Roberto Vidal Bolaño por Rastros (Teatro do Aquí)
- 2000. Cándido Pazó por O bululú do linier (Teatro do Aquí)
- 2001. Roberto Vidal Bolaño por Criaturas (Teatro do Aquí)
- 2002. Quico Cadaval por Espantoso (Mohicania)
- 2003. Roberto Vidal Bolaño por Animaliños (Teratro do Aquí)
- 2004. Avelino González, Cándido Pazó, Xabier Lama, Suso de Toro, Ana Iglesias, Manuel Núñez Singala e Marta Echevarría por Bicos con lingua (Talía Teatro)
- 2005. José Luis Prieto por Fobias (Lagarta lagarta)
- 2006. Cándido Pazó por García (Teatro do Adro)
- 2007. Eduardo Alonso por Imperial Café Cantante (Teatro do Noroeste)
- 2008. Cándido Pazó por A piragua (Centro Dramático Galego)
- 2009. Teresa Moure por Unha primavera para Aldara (Teatro do Atlántico)
- 2010. Mofa e Befa (Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira), por Shakespeare para ignorantes (Producións Teatrais Excéntricas)
- 2011. Rubén Ruibal, por Limpeza de Sangue, (Espello Cóncavo)[1].
- 2012. Avelino González, Artur Trillo, Séchu Sende e María Ordóñez, por Pelos na lingua (Talía Teatro).
- 2013. Santiago Cortegoso, por Pequenos actos pseudorrevolucionarios (Ibuprofeno Teatro)
- 2014. Cándido Pazó por As do peixe (Abrapalabra Creacións Escénicas)
- 2015. Quico Cadaval por Bobas & Galegas: Mofa & Befa no Século de Ouro (Producións Teatrais Excéntricas)
- 2016. Diana Mera, Merche Pérez e Teté García por 30 e tantos ósos (Aporía Escénica)
- 2017. Santiago Cortegoso por Raclette (Ibuprofeno Teatro)
- 2018. Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e Gena Baamonde por Elisa e Marcela (A Panadaría)
- 2019. María Lado e Iria Pinheiro por Anatomía dunha serea (Chévere)
- 2020. Jose Prieto por Bernarda (Malasombra)
- 2021. Vanesa Sotelo e Davide González por Microspectivas dun marica millennial (Incendiaria)
- 2022. Marta Lado, Araceli Gonda, Artur Trillo, Diego Rey, Séchu Sende e Jose Prieto, por A parábola do angazo, de Talía Teatro
- 2023. Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro por As que limpan, de A Panadaría
Os autores máis premiados
editarRoberto Vidal Bolaño gañou este premio en catro ocasións, ao igual ca Cándido Pazó, mentres que Avelino González o fixo en tres.