José Luis Prieto

José Luis Prieto Roca, nado en Narón en 1967, é autor, director de escena e actor galego.

José Luis Prieto
Nacemento1967
LugarNarón
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Os seus comezos no teatro inícianse co ingreso na Escola de Teatro de Narón en 1989. En 1992 funda Caroza Teatro e desde ese momento principia unha vida polifacética arredor da escena como actor, director, mestre e autor de moitas obras de carácter cómico coas que acada varios premios.

ObrasEditar

  • Sursum Corda (1994).
  • Desjraciados (1997).
  • ¡Oh! ¿Qué facer cando non sei quen son? (1999).
  • Jánsel e Pónsel (2001). Estreada pola compañía Bucanero
  • Monólogo do imbécil (2002). Estreada pola compañía Santi Prego e dirixida por el.
  • Tres notas (2002). Estreada pola compañía Bucanero.
  • Fobias (2002). Estreada pola compañía Lagarta, Lagarta.
  • Sé normal. Vota Substancia Bucanera (2003). Estreada pola compañía Bucanero
  • Dereita esquerda (2003).
  • Farsa de los pícaros del camino (2004) En castelán.
  • Por un millón de dólares (2004). Estreada pola compañía Bucanero
  • Carambola (Cóncaco-Convexo) (2005). Estreada pola compañía Lagarta, Lagarta.
  • Life is a paripé (2007). Estreada pola compañía Obras Públicas e dirixida por el.
  • Muñecas (2007).
  • O ridículo desamor dun home máis ou menos normal (2007). Estreada pola compañía 40 Pasos e dirixida por el.
  • Go on(2009).Unha odisea en Galiza

PremiosEditar

Premios MaxEditar

Ano Categoría Obra Resultado
2003 Mellor autor teatral en galego Monólogo do imbécil Gañador
2005 Mellor autor teatral en galego Fobias Gañador

Outros PremiosEditar

Premios María CasaresEditar

Ano Categoría Obra Resultado
2005 Mellor texto orixinal Fobias Gañador
2011 Mellor música orixinal Life is a Paripé Gañador

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar