Séchu Sende
Xosé Luís González Sende, nado en Padrón o 21 de xuño de 1972, é un filólogo, escritor, regueifeiro e profesor galego, máis coñecido como Séchu Sende.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Xosé Luís González Sende 21 de xuño de 1972 (52 anos) Padrón, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura e poesía |
Ocupación | escritor, poeta |
Xénero artístico | Poesía, teatro e narrativa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarLicenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago, é profesor de lingua e literatura, no IES Marco do Camballón[2] de Vila de Cruces.[3] Iniciouse como poeta vinculado ao Colectivo Poético Serán Vencello, formando parte da xeración dos 90 e máis tarde revelouse tamén como un dos narradores de principios do século XXI. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal, no que publica o seu primeiro libro, Odiseas, en 1998. Como sociolingüista, foi cofundador da Cooperativa Tagen Ata, Lingua e Comunicación.[4] Algúns dos seus textos foron traducidos ao ruso, checo, croata, bretón, sardo, catalán ou asturiano.
Ten traballado en publicidade social e, neste campo, entre as súas creacións está a campaña para a Universidade de Vigo "Busco amante galego-falante", lema que popularizou nun tema rock o grupo musical Sacha na Horta.[5] No ámbito da multimedia, tamén formou parte do "Colectivo Sintrom" de música experimental, cos músicos Serxio Landrove, Helga Blanco e Xalo Gayoso. Un dos seus versos, "Eu nunca serei yo",[6] foi transformado en tema punk polo cantautor O Leo i Arremecághona! En 2016, o grupo Caxade publicou "E isto é o amor", un CD que leva o título dun poema de Séchu Sende que tamén musicaron. Tamén en 2016, o grupo "Linho do Cuco" inspirouse nun relato seu do libro "A República das Palavras" para titular o seu CD "Viva Viva". En 2017, nun proxecto de apoio á Escola de Ensino Galego Semente, Guadi Galego musicou unha letra de Séchu Sende, "Luzia e o morcego".
Séchu Sende tamén é o creador do primeiro xogo de rol en galego, publicado polo Concello de Santiago e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, como actividade de dinamización do Correlingua, en 2002.[7]
En 2008 participou, en Barcelona, no final do proceso de paz entre os colectivos Latin Kings e Ñeta, nun obradoiro de narracións persoais cos líderes das organizacións, xunto ao poeta Celso Fernández Sanmartín. O proxecto recolleuse no libro colectivo Unidos por el Flow.[8]
Tamén é domador de pulgas no Circo de Pulgas Carruselo, máis coñecido como Galiza Pulgas Circus.[9][10]
Nos últimos tempos estivo ligado de forma moi importante ás plataformas Nunca Máis e Burla Negra.[11]
Obras
editarPoesía
editar- Odiseas. Libro de aventuras (1998). A.c. Amaía, colección Letras de cal.
- Animais (2010). Santiago de Compostela: Através Editora. 76 páxs. ISBN 978-84-87305-38-2. Un conxunto de textos e deseños que forman un himno á vida natural e unha denuncia do progreso mal entendido, desde múltiples rexistros, desde a ironía e o humor até o surrealismo
- Os cavalos estám a viver as nossas vidas (2011). Amastra-N-Gallar.
Narrativa
editar- Orixe (2004). Vigo: Galaxia. 172 páxs. ISBN 978-84-8288-695-4. Unha historia de historias na que liberdade e conciencia social se reivindican como valores fundamentais dos seres humanos.[12]
- Made in Galiza (2007). Vigo: Galaxia. 160 páxs. ISBN 978-84-7154-091-1 (11ª reimpresión, 2017). Traducido ao kurdo[13] como Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim (Nin en soños vou perder a miña lingua), na editorial Avesta. Tamén está traducido ao turco, pola mesma editorial; ao éuscaro,[14] pola editora Txalaparta; e ao catalán,[15] co título La venedora de paraules, por RBA (La Magrana. ISBN 978-84-8264-726-5.)
- O caçador de bruxas (2011). Santiago de Compostela: Edicións do Trece. 96 páxs. Colección O Lapis do Taberneiro.[16] A novela relata o encontro do narrador cun um afiador emigrado nos Estados Unidos e precipitado pela historia e a casualidade no medio da caza de bruxas emprendida polo senador MacCarthy contra a industria do cinema dos anos 40 e 50.[17]
- A República das Palavras (2015). Santiago de Compostela: Através. 164 páxs.. ISBN 978-84-87305-91-7. Conxunto de relatos.
Viaxes
editar- Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas (2012).[18] Ed. de autor. 120 páxs. ISBN 978-84-616-2384-6. É un libro de viaxes ilustrado polo autor onde se narra unha aventura autobiográfica no Curdistán norte, no estado turco, cunha aproximación ás emocións e ás experiencias do pobo kurdo e ao seu conflito sociolingüístico.
Ensaio
editar- O povo improvisador. Aventuras sobre regueifa e poesia oral (2022). Santiago de Compostela: Através. 176 páxs. ISBN 978-84-16545-68-1.
Libros ilustrados
editar- Os sonhos de Maré (2013)[19] Issuu en liña. Un libro ilustrado a partir do poema "Falarás a nossa língua", un canto vitalista a prol da lingua galega na infancia
- Canguru (2013).[20] Issuu en liña. Un libro infantil sobre a igualdade de xénero.
- Os tesouros de Baronha (2013).[21] Issuu en liña. Unha especie de libro de viaxe ao castro de Baroña.
- Duas noites na casa das bruxas (2013).[22] Issuu en liña. Un skechbook sobre o Courel e os seus valores naturais.
- A doninha e o taxidermista (2015). Sacauntos: Diário Liberdade, Fundaçom Artábria e Semente. 60 páxs. ISBN 978-8416121397.
Obras colectivas
editar- XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom (2011). S. C. D. Condado.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011). A Nave das Ideas.
- Pelos na lingua (2012). Xunto con Artur Trillo, María Ordóñez e Avelino González. Representado por Talía Teatro.
- Lingua, sexo e rock´n roll (2012). Editorial Rastalavras, Clube da Lingua do IES Marco do Camballón e Festival Cruceiro Rock.
- Xabarín 18 (2013). EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- O Dia da Toalha na Galiza (2014). Através.
- A Voz dos Mundos (2016). Através.
Curtametraxes sobre textos seus
editarPremios
editar- Premio Blanco Amor 2003, por Orixe.[26]
- Premio Ánxel Casal 2007 ao mellor libro do ano por Made in Galiza.[27]
- Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim(Nin en soños vou perder a miña lingua) foi elixido como mellor libro publicado en kurdo no 2010.
- Premio María Casares 2012 ao mellor texto por Pelos na Lingua.
- Premio Max 2012 ao mellor texto en lingua galega por Pelos na Lingua.[28]
- Premio María Casares 2022 ao mellor texto por A parábola do angazo, da compañía Talía Teatro.
Notas
editar- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: s". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ Departamento de Lingua galega, ed. (12/11/2016). "IES Marco do Camballón. Lingua galega. Profesorado do curso 2016-17". Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ respira! (2020-03-20). "Séchu Sende [Poesía contra barbarie]". ALGUÉN QUE RESPIRA! Festival de Poesía para Corpo Principal. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Grupo Tagen Ata". tagenata.com. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - "Busco amante galego-falante"". www.vieiros.com. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "«Eu nunca serei yo» é unha das mensaxes dos nenos en prol do galego". La Voz de Galicia. 2009-09-22. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - ...e trae o primeiro rol galego!!". www.vieiros.com. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Latin Kings, Ñetas y Jóvenes de Barcelona – Unidos por el Flow – Comanity" (en castelán). Consultado o 2022-05-09.
- ↑ Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, ed. (2010). "Galiza Pulgas Circus. Circo de Pulgas Carruselo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ "Séchu Sende Através Editora área editorial da AGAL". Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Séchu Sende". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Orixe". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Made in Galiza". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "La venedora de paraules". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Séchu Sende apresenta o seu último livro, 'O Caçador de Bruxas'". www.pglingua.org. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "O Caçador de Bruxas, de Séchu Sende". O Lapis do Taberneiro. 2011-12-26. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Unha "Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas", de Séchu Sende". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Os sonhos de Maré by séchu sende - Issuu". issuu.com. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Canguru by séchu sende - Issuu". issuu.com. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Os tesouros de Baronha by séchu sende - Issuu". issuu.com. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Duas noites na casa das bruxas by séchu sende - Issuu". issuu.com. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "As mazás casamenteiras :: CINE GALEGO". engalecine6.webnode.es. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Na oficina de obxectos perdidos :: CINE GALEGO". engalecine6.webnode.es. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Té :: CINE GALEGO". engalecine6.webnode.es. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "«Orixe», unha obra sobre a liberdade, premio Blanco Amor de novela longa". La Voz de Galicia. 2004-01-24. Consultado o 2022-05-09.
- ↑ "Premio" (PDF). aelg.gal.
- ↑ culturagalega.org (2012-05-02). "Pelos na lingua impúxose ás outras candidatas". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-05-09.