Premio Literario Ánxel Casal

certame literario en lingua galega

O Premio Literario Ánxel Casal foi un certame en lingua galega que puxo en marcha o concello de Santiago en 1996, a iniciativa do IES Arcebispo Xelmírez I. Tiña tres modalidades: poesía, teatro e relato. O seu nome é unha homenaxe a Ánxel Casal, exalcalde compostelán asasinado en agosto de 1936. Entre os seus propósitos cóntase a normalización lingüística do galego.[1] Celebráronse un total de 16 edicións, sendo a última en 2011.[2][3]

Notas editar

  1. Descrición do Premio Literario Anxel Casal na páxina web do concello de Santiago.
  2. Os gañadores do XVI Premio Literario Ánxel Casal exemplifican unha cultura galega viva, na páxina web do Concello de Santiago.
  3. Informe de Literatura 2011 do CIRP, páx. 1606.