Fundaçom Artábria

A Fundaçom Artábria é unha entidade cultural que procura o recoñecemento do galego (entendido como o portugués de Galiza) dentro da unidade lingüística galego-portuguesa. O seu ámbito de actuación é Ferrolterra e ten a súa sede social na cidade de Ferrol.

Fundaçom Artábria
Xantar no local da Fundaçom.
TipoCentro Social
Data de fundación1992
Localización
EnderezoTravessa de Batalhons, 7 (Esteiro)
EnFerrol
PaísGalicia
43°28′51″N 8°13′34″O / 43.4808011, -8.2261468
Na rede
http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/
Facebook: fartabria Twitter: FArtabria Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

É unha asociación sen fin de lucro, declarada de interese galego e clasificada como de interese cultural pola Xunta de Galicia en 1998, ano da súa creación.[Cómpre referencia] Financiada polas cotas dos socios, desenvolve todo o tipo de actividades socio-culturais: concertos, edición de libros, bandas deseñadas e outros materiais en galego, organización de cursos de lingua e doutras disciplinas, festivais, conferencias, excursións, campañas reivindicativas en torno á defensa do galego etc.

Historia editar

Artábria foi inicialmente unha asociación dedicada á defensa do galego e da súa identidade como portugués. Creada en 1992 no concello de Narón, o seu ámbito estendeuse logo aos concellos veciños de Ferrol e Fene, con persoas asociadas procedentes dos mesmos. Nesa etapa inicial, a Associaçom Reintegracionista Artábria organizou cursos de lingua en Narón e Ferrol, en ocasións colaborando con institucións municipais ou co movemento asociativo da comarca.

Actividades editar

 
Imaxe dunha actividade da Fundaçom Artábria.

Publicacións editar

En 1992, colabora na edición da História da Língua em Banda Desenhada, en colaboración con outros colectivos locais reintegracionistas que nese ano existían en Santiago de Compostela (Assembleia Reintegracionista de Bonaval), Vigo (Associaçom Cultural V Irmandade), Ordes (Associaçom Reintegracionista de Ordes), O Salnés (Clube Reintegracionista do Salnês), A Estrada (Sociedade Cultural Marcial Valadares) e Ourense (Grupo Reintegracionista Meendinho). Este último era o principal impulsor da iniciativa editorial, xunto ao Colectivo Pestinho-Frente Comixário (tamén de Ourense). A edición de 3.000 exemplares ficou esgotada en pouco tempo[Cómpre referencia].

Alén da xa referida colaboración na História da Língua em Banda Desenhada, a Fundaçom Artábria publicou, na etapa anterior á súa transformación en asociación, en 1995, un novo volume en formato de cómic: a História da Galiza em Banda Desenhada, con introdución de Elvira Souto, guión de Maurício Castro e Gonçalo Grandal, debuxos de Leandro Lamas e asesoramento histórico do arqueólogo municipal de Narón André Pena Graña. Foron editados 4.000 exemplares,[1] contando coa colaboración doutras entidades culturais e reintegracionistas, como o Grupo Reintegracionista Meendinho, a Assembleia Reintegracionista de Bonaval, A Gente da Barreira (Ourense), Asociación Cultural Auriense (Ourense), Frente Comixário, Sociedade Cultural e Desportiva do Condado (Salvaterra de Miño), Associaçom Galega da Língua, Associaçom Cultural Vª Irmandade, Renovação (colectivo galego de emigrantes en Madrid), Associaçom Cultural Aloia (colectivo galego de emigrantes en Cataluña) e Associaçom Civil de Amigos do Idioma Galego (colectivo galego de emigrantes na Arxentina).

Xa en 1998, coincidindo coa troco de denominación a Fundaçom e a apertura dun local en Ferrol, a Artábria edita o Manual de Iniciaçom à Língua Galega, da autoría de Maurício Castro, presidente da entidade nese momento. No ano seguinte, en 1999, a Fundaçom Artábria publicou o poemario Gong, primeira obra publicada do escritor Carlos Quiroga. O Saltom Astronauta foi un conto infantil editado en formato electrónico. A autoría dos textos é de P. Pablo Patinho con debuxos de Leandro Lamas.

Outras obras publicadas nestes anos foran Introduçom à Lingüística com Corpora, unha coedición coa editora Laiovento, a partir da tese de doutoramento de J. H. Peres Rodrigues; e Conhecermos Carvalho Calero, caderno divulgativo sobre a vida e a obra do intelectual galego

Festival da Terra e da Língua editar

Cada verán dende 2000, organiza o chamado Festival da Terra e da Língua, evento popular que transcorre no lugar do Muíño de Pedroso (Narón), e que cada ano é dedicado a unha temática social ou cultural concreta. Concertos, debates, xogos infantís e populares, teatro e outras actividades lúdicas dan contido ao Festival da Terra e da Língua, que acostuma a ser organizado no mes de xuño ou no de xullo. A edición de 2007 foi a sétima edición, dedicada á recuperación da memoria histórica da ditadura franquista e da represión sofrida polos defensores da cultura e a lingua de Galiza naqueles anos.

En 2006 e 2007, os actos ligados ao Festival ampliáronse coa organización dun concurso musical dirixido aos grupos que cantan en galego, e que incluíu a edición de maquetas e a organización dun concerto coas bandas finalistas.

Notas editar

  1. História da Galiza em banda desenhada. Terra de Trasancos: Associaçom Artábria. 1995. p. 3. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar