André Pena Graña

historiador galego

André Pena Graña, nado en Ferrol en 1955, é un historiador contemporáneo galego especializado en procesos históricos de longa duración e investigacións sobre a civilización celta.

Infotaula de personaAndré Pena Graña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , arqueólogo , arquiveiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1417641

Traxectoria editar

Criouse en Menorca dos 7 aos 14 anos, logo volveu a Ferrol.[1] Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela, desde 1987 traballa como historiador, arqueólogo e arquiveiro do concello de Narón. Isto permitiulle realizar o estudo, factográfico, inter e multidisciplinar, de longa duración, antes, durante, e logo da dominación romana dunha comarca: "A Terra de Trasancos".

Foi secretario de organización de tres congresos internacionais Os Celtas da Europa Atlántica I,[2] II, III [3]; e, tamén secretario de organización do I Congreso del Instituto de Estudios Celtas Etnoarqueologia de los Celtas en Hispania;. Pena Graña é o actual decano do Instituto Galego de Estudos Célticos.[4] Activo defensor da civilización celta, de Galicia como berce dos celtas da Europa atlántica, restaurou, con base epistémica, os estudos celtas eliminados en Galicia trala guerra civil.

A súa aproximación con metodoloxía inter e multidiscipliar á arqueoloxía e á etnografía, creou un novo método que permite identificar institucións na prehistoria, unha nova rama da arqueoloxía, que vén enriquecer as xa existentes, desenvolvida na súa tese doutoral[5] Treba e Territorium, chamada por Venceslás Kruta "Arqueoloxía Institucional".

Obra editar


Notas editar

  1. Vidal, Nicolás. "Entrevista a André Pena Graña". Diario de Ferrol. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  2. Os Celtas da Europa Atlantica (en castelán). 
  3. Os Celtas da Europa Atlántica III (en gall). 
  4. "estudosceltas.org". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2011. Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  5. "Treba y Territorium". USC. 
  6. Tese doutoral dirixida por Raquel Casal García (dir. tes.), José María Luzón Nogué (codir. tes.) Pena Graña, Andrés José (2004). "Treba y Territorium. Génesis y desarrollo del mobiliario e inmobiliario arqueológico institucional de la Gallaecia" (en castelán). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar