Raquel Casal

historiadora e arqueóloga galega
(Redirección desde «Raquel Casal García»)

Raquel Casal García, nada en Pontevedra o 16 de decembro de 1944, é unha historiadora e arqueóloga galega.

Raquel Casal
Nacemento16 de decembro de 1944
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriadora e arqueóloga
CónxuxeJosé Martínez Couselo
Filloscatro
Na rede
Dialnet: 81742
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fixo o bacharelato en Pontevedra. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1967) coa tesiña La imaginería religiosa en Pontevedra, é doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1981). Foi profesora axudante de Arqueoloxía (1969-1982) e profesora adxunta dende 1982.

Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e do Seminario de Estudos Galegos

Fixo escavacións nos castros de Neixón (Boiro) e Troña (Ponteareas) e no castelo da Rocha (Padrón).

Foi subdirectora xeral do Patrimonio Histórico Artístico (1983-84), directora xeral do Patrimonio Artístico e Monumental (1984-86) e directora xeral de Cultura (1986-88).

Vida persoalEditar

Casou con José Martínez Couselo, xornalista, e tivo catro fillos, entre eles Pepe Martínez, adestrador de baloncesto e Raquel Martínez Casal, xornalista. O seu xenro é Rafa Sisto, alcalde de Teo[1].

NotasEditar

  1. "Fallece el periodista José Martínez Couselo". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-28. Consultado o 2021-05-29. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar