Vila de Cruces
Coordenadas: 42°46′36″N 8°19′58″O / 42.77667, -8.33278
Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).
Vila de Cruces | |
---|---|
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | carbiao/carbiá ou crucés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca do Deza |
Poboación | 5.063 hab. (2022)[2][3] |
Área | 155,0 km²[3] |
Densidade | 32,66 hab./km² |
Entidades de poboación | 28 parroquias[4] |
Capital do concello | Vila de Cruces |
Política (2023[5]) | |
Alcalde | Luís Taboada Sánchez (XPC[6]) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 4 Outros: XPC: 6, Nova Alternativa: 1 |
Eleccións municipais en Vila de Cruces | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 84,89% |
Na rede | |
http://www.viladecruces.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia Editar
O concello denominouse Carbia ata 1944, por estar nesta parroquia a capitalidade. O 19 de setembro de 1944 o concello inaugurou a súa nova sede en Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.
Poboación Editar
Segundo o Padrón municipal de habitantes a poboación en 2015 era de 5.556 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é crucés ou carbiao[8].
Censo total | 5.556 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 452 (8.14 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.269 (58.84 %) |
Maiores de 65 anos | 1.835 (33.03 %) |
Evolución da poboación de Vila de Cruces Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
9.924 | 9.284 | 11.068 | 9.041 | 6.779 | 6.475 | 6.325 | 6.085 | 5.934 | 5.676 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Festas e celebracións Editar
A Patroa da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa a fin de semana seguinte ó 4 de agosto (agás se é sábado que pasaría a ser o seguinte).
- Entroido
Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.
- Gastronomía
Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.
Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Vila de Cruces.
-
Igrexa
-
Galería
-
Cruceiro
-
Rúa de Vila de Cruces
Nados en Vila de Cruces Editar
- Véxase tamén: Categoría:Nados en Vila de Cruces.
Parroquias Editar
Lugares de Vila de Cruces Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vila de Cruces vexa: Lugares de Vila de Cruces.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Vila de Cruces".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultados eleccións 2023".
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vila de Cruces". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 63. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vila de Cruces |
Outros artigos Editar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |