San Tomé de Insua, Vila de Cruces
San Tomé de Insua é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2012 tiña 131 habitantes (71 mulleres e 60 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 220 habitantes.
San Tomé de Insua | |
---|---|
O río Ulla ao seu paso pola vella ponte San Xusto asolagada. | |
Concello | Vila de Cruces[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°50′24″N 8°12′11″O / 42.84005572, -8.20306641Coordenadas: 42°50′24″N 8°12′11″O / 42.84005572, -8.20306641 |
Poboación | 131 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
A parroquia ocupa unha franxa do río Ulla, de chan fértil pero difícil de cultivar pola súa configuración. A súa climatoloxía morna permítelle gozar de grandes masas forestais.
HistoriaEditar
O nome de Insua procede da medieval Insula Laonio, un territorio propiedade da Igrexa de Santiago cando menos desde o século XI, que estaba limitado ó norte pola confluencia do Arnego co Ulla e tiña a súa fronteira meridional na Serra do Carrio.
Na memoria local pervive o recordo da poderosa casa dos Lodeiros de Xordedo, que cobraban en renda un quinto de todos os cereais colleitados entre a taberna de Rebordaos e o coto da Madanela.
PatrimonioEditar
En Insua está a ponte de San Xusto, que ata os anos sesenta era o único lugar que permitía cruzar o Ulla, a miúdo con grandes riscos. Foi arrasada e reconstruída en numerosas ocasións desde a Idade Media.
Hai unha ermida en Xordedo dedicada á Santa Cruz e outra en Dorvisón dedicada á Virxe das Dores.
FestasEditar
Na ermida da Santa Cruz celébrase unha romaría o 14 de setembro. Era un vello costume que na fonte que mana ao seu lado colleran os devotos auga para bendicir os seus campos.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de San Tomé de InsuaEditar
Lugares da parroquia de San Tomé de Insua no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|
Castro | O Couto | Dorvisón | Nogueiras | Souto | Vilanova | Vilar | Xordedo |