Oirós, Vila de Cruces
Santa María de Oirós é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2013 tiña 130 habitantes (67 mulleres e 63 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.
Oirós | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Oirós. | |
Concello | Vila de Cruces[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°45′42″N 8°11′31″O / 42.76167565, -8.19202089 |
Poboación | 130 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia naceu o escritor Eduardo Aurelio Cacheda Vigide.
Xeografía
editarA parroquia sitúase na caída do Monte do Carrio cara ao río Deza.
Patrimonio
editarCampo de mámoas de Oirós: vinte túmulos funerarios distribuídos nunha chaira de varias hectáreas, entre a laidera norte do Carrio e o monte baixo do Camballón, preto da estrada que une a capital do concello con Lalín.
A partir do século XI, hai varias referencias documentais ao convento de Auriolos, dependente do de Piloño, pero non hai pegadas sobre a súa situación.
A igrexa de Santa María de Oirós é románica, pero quedan poucos restos da fábrica orixinal, só unha fiestra no testeiro e un arco triunfal sobre columnas ás que lles foron mutilados os capiteis. Ten unha cruz procesional de 1589 labrada polo prateiro compostelán Rodrigo de Paradiñas. No interior do templo hai un arcosolio co sepulcro do comisario do Santo Oficio Lope Barela, morto en 1610, que doou a súa casa, hoxe reitoral (que conserva o seu escudo) a cambio de que lle permitiran facer este sepulcro e a capela que o alberga.
Hai outra capela que pertenceu á desaparecida casa de Pedroso, da que era o escudeiro Antón Sánchez de Oirós, nome que parece coincidir co de Antón Deza que figura entre os contendentes do Passo Honroso da ponte Orbigo, en xaneiro de 1434.
Galería de imaxes
editar-
Fiestra no testeiro da igrexa de Oirós.
Lugares e parroquias
editarLugares de Oirós
editarLugares da parroquia de Oirós no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|
Carvalente | Cascacheda | A Cascalleira | A Corredoira | Eirexe | Gondorón | Pazos | Pedroso | A Penela | Picos | Os Seixos | Souto |