Eduardo Aurelio Cacheda Vigide
sacerdote católico galego
Eduardo Aurelio Cacheda Vigide, nado en Oirós (Vila de Cruces) o 16 de setembro de 1932 e finado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 2014, foi un sacerdote, catedrático e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1932 Oirós, España |
Morte | 3 de decembro de 2014 (82 anos) Santiago de Compostela, España |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Traxectoria
editarDoutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de humanidades en educación secundaria e administrador diocesano do arcebispado de Santiago de Compostela.
Foi irmán do tamén sacerdote Manuel Cacheda Vigide.
Obras
editar- Arzúa en el Camino de Santiago, 1987.
- Arzúa no Camiño de Santiago, 1988.
- La Religiosidad popular en Galicia: el municipio de Arzúa, 1991.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 159.