Cumeiro, Vila de Cruces

parroquia civil do concello de Vila de Cruces

San Pedro de Cumeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 221 habitantes (110 mulleres e 111 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 287 habitantes.

Cumeiro
Igrexa de San Pedro de Cumeiro en Vila de Cruces.JPG
Igrexa de San Pedro de Cumeiro.
ConcelloVila de Cruces[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°48′32″N 8°10′48″O / 42.80885196, -8.18010623Coordenadas: 42°48′32″N 8°10′48″O / 42.80885196, -8.18010623
Poboación221 hab. (2011)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Nesta parroquia naceu o xornalista e escritor Alfredo García Ramos.

PatrimonioEditar

  • Castro de Cumeiro, descrito por Florentino Cuevillas, hoxe practicamente destruído.
  • A igrexa de San Pedro de Cumeiro foi construída en 1782 polos señores da Casa de Altamira como capela maior. No interior hai dous sepulcros con inscrición ilexible.
  • Casa de Altamira, cos principais elementos do terreo fidalgo: capela, cheminea, pombal e ciprés. A capela está acaroada á casa e coroada por unha espadana barroca, ten escudo de armas e unha inscrición co nome do construtor: "Hizo esta capilla D. Gregorio Francisco de Ponte y Monterroso, cura de Cumeiro y anexos. Año de 1777".
  • Cruceiro de Riocabo, que marca o antigo camiño de ferradura que levaba a Santiago de Compostela.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de CumeiroEditar

Lugares da parroquia de Cumeiro no concello de Vila de Cruces (Pontevedra)

Carballal | O Castro de Cumeiro | Cumeiro | Fontemaor | Garnil | Navaza | Pampín | O Penedo

Parroquias de Vila de CrucesEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vila de Cruces

Añobre (San Pedro) | Arnego (Santa María) | Asorei (Santa María) | Bascuas (Santa Mariña) | Besexos (San Fiz) | Bodaño (San Mamede) | Brandariz (San Miguel) | Camanzo (San Salvador) | Carbia (San Xoán) | As Cruces (Nosa Señora da Piedade) | Cumeiro (San Pedro) | Duxame (San Miguel) | Ferreirós (San Xes) | Fontao (Santiago) | Gres (Santiago) | Larazo (San Xoán) | Loño (San Mamede) | Merza (Santa María) | Obra (San Tomé) | Oirós (Santa María) | Ollares (Santa María) | Piloño (Santa María) | Portodemouros (San Salvador) | Sabrexo (Santa María) | Salgueiros (San Pedro) | San Pedro de Losón (San Pedro) | San Tomé de Insua (San Tomé) | Toiriz (San Xoán)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar