Florentino López Cuevillas

historiador e escritor galego
(Redirección desde «Florentino Cuevillas»)

Florentino López Alonso-Cuevillas, nado en Ourense o 14 de novembro de 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 1958, foi un historiador e escritor galego. En 1968 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Está considerado o pai da arqueoloxía científica galega. Pertenceu ás Irmandades da Fala, a Xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos, compaxinando a actividade desempeñada nestas institucións cunha discreta participación política en pro do galeguismo, na época en que se volveu nacionalista trala fase rexionalista.

Modelo:BiografíaFlorentino López Cuevillas

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalFlorentino López Alonso-Cuevillas[1][2][3][4]
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1886 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xullo de 1958 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor en Wikidata
Relixióncatólica
Formación profesionalFarmacia
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónFuncionario de Facenda
EmpregadorIrmandades da Fala
Seminario de Estudos Galegos
Irmandade Nazonalista Galega
Partido Nazonalista Republicán de Ourense
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, narrativa
Familia
CónxuxeMilagros Rodríguez Álvarez †23/11/1952 Editar o valor en Wikidata
Fillos(3) Elvira, Xulia e Milagros Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX832953 BUSC: lopez-cuevillas-florentino-1886-1958 Dialnet: 2398910

Porén, o seu labor socio-político viuse profundamente trastornado trala guerra civil española e a chegada do franquismo, se ben continuou a divulgación da cultura galega a través da Real Academia Galega, da que foi membro numerario[5], e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Como fixeron o resto de compañeiros da súa xeración, contribuíu á maduración da prosa galega, pero realmente polo que destacou foi polo seu intenso labor dentro do ámbito científico. Catapultado pola obra do alemán Hugo Obermaier (Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia), Cuevillas acometeu a complexa tarefa de desenvolver o campo da arqueoloxía en Galicia co obxectivo de reconstruír e estudar unha parte do tempo que até aquel momento fora esquecida.

Traxectoria

editar
 
Florentino aos 5-6 anos.

Foi fillo póstumo e único de Florentino López Bardón, funcionario da facenda, falecido o 9 de agosto de 1886, e mais Vicenta Alonso-Cuevillas Álvarez Seara.[6] Ao morrer o pai, a nai marchou a vivir a Ourense, onde naceu Florentino, na rúa do Progreso. No bacharelato tivo de profesores a Marcelo Macías García, Moreno López e Salvador Padilla.[2] De 1902 a 1906 estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, profesión que nunca exerceu.[7] Durante o transcurso da súa etapa universitaria, amosou un grande interese pola literatura e ó mesmo tempo acudiu ás veladas literarias do Ateneo León XIII e ás conferencias realizadas polo alumnado das facultades de Dereito e Medicina. Licenciouse en xuño de 1906, e en 1911 marchou a Madrid para recibir clases de Filosofía e Letras. Na capital de España entrou en contacto con Ramón Otero Pedrayo, Primitivo Rodríguez Sanjurjo e Urbano Feijoo Sotomayor Ron. Acudiu ás reunións no Ateneo, a representacións teatrais e á ópera, frecuentando os faladoiros madrileños de máis fama do momento. Nesa mesma cidade traballou como funcionario de gobernación volvendo breves temporadas a Galicia, pero o feito de sentirse perdido en Madrid favoreceu o seu regreso a Ourense, traballando como funcionario, primeiro de Gobernación e despois de Facenda pública.[2] Posteriormente casou con Milagros Rodríguez, coa que tivo tres fillas.[8]

Os primeiros artigos creados por Cuevillas foron textos políticos e de crítica literaria publicados no periódico El Miño (onde tamén participaba de forma activa Vicente Risco), despois colaborou en La Zarpa, El Diario de Orense, El Pueblo Gallego, Heraldo de Galicia, Misión, Faro de Vigo, La Noche e La Región.

En 1917, os integrantes da igrexa teosófica Roso de Luna (Rodríguez Sanjurjo, Vicente Risco e Cuevillas) decidiron fundar a revista La Centuria, na que Cuevillas manifestou unha maior orientación sociopolítica. Nese mesmo ano e por influencia de Antón Losada Diéguez, Cuevillas implicouse co galeguismo. Ingresou nas Irmandades da Fala en 1918, intervindo na fundación da revista Nós en 1920 con Risco e Castelao e outros e do Partido Nazonalista Republicán de Ourense en 1931, a través do cal militou no Partido Galeguista, e foi designado conselleiro da Irmandade Nazonalista Galega.

En 1922 publicou o seu primeiro traballo de arqueoloxía en Nós, "A mansión Aquis Querquernis", un estudo sobre a Galicia prerromana.[9] O artigo "Dos nosos tempos" (1920, nº 1 da revista Nós),[10] onde explica o significado do Grupo Nós e a súa transcencencia para a cultura galega, deu pé ao manifesto xeracional do cenáculo ourensán. Cos demais membros da xeración Nós, traballou en diversos labores de posta en valor do patrimonio galego:

 
Con Risco en San Cibrao de Las.
Iamos os domingos. En xeral, os constantes eran Otero, Risco, Cuevillas, Ben-Cho-Shey e eu. Eramos os constantes, despois agregábase algún outro unhas veces, e outras non. Pero sempre nos atopabamos coa mesma dificultade, sempre tiñamos que saír con certa tardanza, sempre con atraso, porque había entre todos estes un home amante do fútbol que non quería saír de Ourense mentres non rematasen os partidos que se xogaban entón no campo do, no campo ese, o campo do Loña, o antigo campo de fútbol, que hoxe xa desapareceu. E este home non toleraba saír de Ourense sen ter visto o remate do partido. Este home era nada máis e nada menos que Florentino Cuevillas.
Florentino Cuevillas, farmacéutico, empregado da Facenda, arqueólogo, e afeccionado ao fútbol. Despois máis tarde deixouno, non volveu ocuparse diso. Pero entón si. E alí se fixo ese niño de cultura de onde saíu o Nós, de onde saíu despois o Seminario de Estudos Galegos.

          —   Xaquín Lorenzo.[11]
REQUIEM A CUEVILLAS

NO CEMITERIO DE OURENSE

(fragmento)

   Que os anxos que che agardan
na citania divina
cas máis puras diademas che coroen,
cos máis enxebres torques che reciban,
e a man do Eterno mesmo
loura espada che cinga,
¡ouh príncipe antre “os bós e xenerosos”,
Florentino Cuevillas,
régulo dos combates
máis rexos e máis nobres por Galiza!

— F. Bouza - Brey, 31 - VII - 958.[12]

Desde entón traballou no estudo da historia e patrimonio arqueolóxico galego desde a Comisión Provincial de Monumentos históricos e artísticos de Ourense. Catapultado pola obra de Hugo Obermaier Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia (1923), Cuevillas desenvolveu a arqueoloxía en Galicia co obxecto de reconstruír e estudar unha parte do tempo que ata aquel momento permanecía no esquecemento. As súas investigacións de campo, as máis das veces dirixidas ó estudo do megalitismo e da cultura castrexa en Galicia, así como a sistematización da prehistoria galega que realizou, acabaron por coroalo como a figura máis importante en Galicia no referente á investigación prehistórica. Indirectamente, co seu traballo científico colaborou coa normalización da lingua galega.

Incorporouse ao Seminario de Estudos Galegos ao pouco de crearse, co discurso de ingreso A edade do ferro na Galiza, lido en Santiago de Compostela o día 18 de abril de 1924. A RAG publicaría o traballo en 1968, con limiares de Xoaquín Lorenzo e Marino Dónega.[12] No Seminario foi elixido director da Sección de Prehistoria cando se constituíu en 1926, cargo no que estivo ata a disolución do SEG en 1936.[2] Finalizada a guerra civil española foi forzado a abandonar a actividade política e purgar o seu expediente de responsabilidades políticas, se ben a partir de 1939 continuou os seus estudos arqueolóxicos. Máis tarde deixou de lado o traballo de campo por mor dunha agudización do seu reumatismo articular, pasando a adicarse á sistematización da información recollida.

A proposta de Ramón Otero Pedrayo, Ángel del Castillo López e Alejandro Barreiro Noya, converteuse en membro numerario da Real Academia Galega, sendo presidente Manuel Casás Fernández, o 27 de xullo de 1941.[13] O mesmo día ingresaron outros dezaoito máis polas moitas vacantes producidas pola guerra, lendo Fermín Bouza Brey o único discurso: "La mitología del agua en el noroeste hispánico".[14] En 1944, accedeu ao Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, ó tempo que redactou o tomo da Prehistoria, o terceiro da Historia de Galiza dirixida por Otero Pedrayo.

Finou na súa casa da rúa de Santo Domingo, sendo soterrado no cemiterio de San Francisco de Ourense. No enterro, Fermín Bouza-Brey recitou o "Requiem a Cuevillas".

Estudos arqueolóxicos

editar
 
Campamento de Aquis Querquennis.

Cuevillas reconstruíu a prehistoria galega dende un cientifismo rigoroso, partindo de cero. A vocación arqueolóxica de Cuevillas, incrementárase asistindo ás tertulias do Museo da Comisión de Monumentos, quedando reflectida no estudo "A mansión de Aquis Querquernis" (1921) que encerraba un vasto labor sobre a romanización de Galicia.[3] Logo do descubrimento do sitio arqueolóxico de Aquis Querquennis, pensando no primeiro momento que era unha mansión romana, levou adiante unha breve campaña de escavación, batendo cun lenzo da muralla, sen recoñecela debido ó seu desastroso estado ao pé do río Limia.

 
A Cabeza de guerreiro de Rubiás (Museo de Ourense) foi obxecto de estudo de Cuevillas.[15][16]

Recorreu os montes catalogando calquera información, escavando por primeira vez con criterios estratigráficos modernos, buscando paralelos con outras culturas europeas, sen esquecer publicar os resultados en galego, usando a lingua galega por primeira vez como lingua de ciencia.

O primeiro dos castros que estudou foi o castro de San Cibrao de Las, escavándoo entre 1922 e 1925. Trala fundación en 1923 do Seminario de Estudos Galegos, López Cuevillas comezou a colaborar con Fermín Bouza Brey. Desta relación profesional xurdiu o estudo e a escavación do castro do Neixón en 1925, onde Cuevillas atopou os restos dun aríbalo púnico procedente das factorías cartaxinesas do mar Mediterráneo, o que puña de manifesto a existencia de relacións comerciais entre os antigos galegos da idade de ferro e os mercadores mediterráneos[17]. En 1929 publicou xunto a Bouza Brey Os oestrymnios, os saefes e a ofiolatría en Galicia.

No ano 1929, Cuevillas participou xunto co arqueólogo Lluís Pericot na escavación do castro de Troña, extraéndose do complexo un gran número de pezas de artesanía e moedas de orixe tanto céltico como romano. Ademais, nos traballos iniciais na zona descubríronse ao redor de trinta construcións circulares, o foso e a muralla defensiva do lado occidental.

Noutras ocasións, Cuevillas limitouse unicamente a rexistrar e explorar por riba os castros, sen chegar a escavalos, pero si describindo as súas defensas e restos visibles a simple vista. Publicaba os resultados na sección "catálogos dos castros de Galicia" da revista Nós, xunto a Ben Cho Sey, Otero Pedrayo, Xocas e outros. Entre os castros estudados, estaban o Castromao (Celanova) ou o castro de Cartelle. Foi o primeiro en descartar a relación entre os megálitos e a cultura celta, teoría procedente do século XIX e sostida por prestixiosos investigadores ingleses e franceses.

En 1953 publicou La civilización céltica en Galicia,[18] trazando cos datos de seis poboados castrexos un panorama da cultura castrexa galega dende as perspectivas máis diversas, como arquitectura, cultura material ou sociedade. Nese mesmo ano celebrouse en Galicia o III Congreso Nacional de Arqueología, que tiña como obxectivo enterrar definitivamente o historicismo galeguista e o celtismo da literatura arqueolóxica galega.

En realidade, Cuevillas nunca fai literatura gratuita. É un historiador, un prehistoriador ou un pensador; pero posee unha educación e unha capacidade literaria que lle permiten informar artísticamente o contido da súa comunicación científica.
          —   Ricardo Carballo Calero.[7]
 
Membros do SEG en 1928. De esq. a d. De pé: Otero Pedrayo, Losada, López Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira Valverde, García Paz, Pintos Fonseca, Fraguas e Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Parga Pondal, Moralejo Laso, Carro, Cabeza de León, Arias Sanjurjo, Álvarez Limeses e Novás.

Escolmas e edicións póstumas

editar
 
Un dos escasos retratos que se conservan de Cuevillas.[25]
"O poema da seca".[26]
"Néboa"
"O trasno na vila".[27]
"O outono en Galicia"
"O Doctor Sicúa"
"Soio dunha vez…"
"Loubanza da choiva"
"Elexía prematura do carro de bois"
"Muiñeira"
"Dos nosos tempos"
"O silencio das musas"
"Oración a noso Señor Santiago"
"Emigrantes"
"Curros Enríquez"
"O centenario de Lamas Carvaxal"
"As cruces de pedra na Galiza"
"Semblanza ó estilo antigo"
"Noite na citania"
"Cómo nascéu a cidade de Ourense"
"Pastoral"
"Relacións prehistóricas entre Galicia e as Illas Británicas".[28]
"No tempo máis vello"
"Unha Santa, unha cidade e tres guerreiros"
"Unha capela e un ciruxano"
"Ligures contra celtas"
"As raíces fondas de Galicia"
"Paleopaisaxe"
"Mitoloxía e historia da paisaxe de Trasalba"

Edición en Galaxia, 2021, 180 páxs. ISBN 978-84-9151-739-9.

  • A Edade do Ferro na Galiza. Traballo lido no Seminario d'Estudos Galegos de Santiago de Compostela o día 18 d'abril de 1924 (publicado orixinalmente por entregas na revista Nós e reeditado pola Real Academia Galega en 1968).[12]
  • Galicia sempre (1968).[29]
  • Cosas de Orense: artículos publicados en el diario La Región. Concello de Ourense (1969).[30]
  • Prehistoria, Tomo III da Historia de Galiza cunha addenda et corrigenda do seu colaborador Xesús Taboada Chivite (1973).[31]
  • Castro de Cameixa: campañas 1944-46. Dirección Xeral de Cultura do Patrimonio Histórico-Artístico (1986).[1]
  • Miscelanea. Caixa Ourense (1987). ISBN 84-505-6085-3.[32]
  • La civilización céltica en Galicia, reedición de Ediciones Itsmo (1988). ISBN 84-7090-199-0.[18]
  • O culto das fontes no noroeste hispánico.[33] Museo do Pobo Galego (2002). ISBN 84-88508-31-X.[34]
  • Casares Gándara, Juan Manuel (2011). O pensamento político de Florentino López Cuevillas. Duen De Bux. ISBN 978-84-938125-0-8.[35]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Letras Galegas 1968: Florentino López Cuevillas". Real Academia Galega. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. 
  3. 3,0 3,1 Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 332–333. ISBN 84-8288-019-5. 
  4. Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e Ediciós do Castro. 2006. p. 1248. 
  5. "Florentino López Cuevillas". Real Academia Galega. 
  6. A nai, Vicenta, finou o 23 de abril de 1936. Necrolóxica El Diario de Pontevedra n.º 1.5762. 24/4/1936.
  7. 7,0 7,1 Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da Literatura Galega Contemporánea. Galaxia. pp. 685–686. ISBN 84-7154-391-5. 
  8. Familia Lopez (Ourense) 2/11/2004, Xenealoxia.org.
  9. 9,0 9,1 "A mansión Aquis Querquernis". Nós (9): 10–16. 31/1/1922. 
  10. "Dos nosos tempos". Nós (1): 12–13. 30/10/1920. 
  11. Xaquín Lorenzo “Xocas” (As nosas voces 20, do Arquivo sonoro do CCG, 2004), páxina 49.
  12. 12,0 12,1 12,2 López Cuevillas, F. (1968). A Edade do Ferro na Galiza. Traballo lido no Seminario d'Estudos Galegos de Santiago de Compostela o día 18 d'abril de 1924. Real Academia Galega. 
  13. "Membros da Academia. De número". RAG. 
  14. "La mitología del agua en el noroeste hispánico" Arquivado 25 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Boletín de la Real Academia Gallega n.º 265, 1942.
  15. 15,0 15,1 15,2 Las Joyas Castreñas en PDF
  16. 16,0 16,1 16,2 La Edad del Hierro en el Noroeste en PDF.
  17. Redacción. "Nace o Centro Arqueolóxico do Barbanza como espacio pioneiro…". Santiago: CCG. Consultado o 10/11/2009. 
  18. 18,0 18,1 18,2 La civilización céltica en Galicia, reedición de 1988 en PDF.
  19. Imaxe da portada de: Bibliografía da prehistoria galega
  20. Os Oestrimios, os Saefes e a Ofiolatría en Galiza en PDF.
  21. Vila de Calvos en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  22. Puertas de castros gallegos en PDF.
  23. Parroquia de Velle en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  24. "Prosas galegas: imaxe da portada". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2016. 
  25. Otero Pedrayo, R. (1980). Florentino López Cuevillas. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-366-4. 
  26. Prosas galegas en Google Books.
  27. "O trasno na vila". Un texto para coñecer a Florentino Cuevillas e o pensamento da Xeración Nós blogoteca, 29/10/2013.
  28. Bouza Álvarez, F.: "A negra sombra dos celtas" en Galegos 2, 2008, revista de Ézaro Ediciones.
  29. Galicia sempre: Vista previa en Google Books.
  30. Cosas de Orense na Rede de Bibliotecas de Galicia
  31. Álbum da Junta para la Ampliación de Estudios CCG.
  32. Imaxe da portada de: Miscelanea
  33. En Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Antropología y Etnología, VIII (1935), pp. 73-104.
  34. O culto das fontes no noroeste hispánico en Dialnet.
  35. "A dereita ourensá debe recuperar a Cuevillas". La Voz de Galicia. 15/4/2011. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar