Primitivo Rodríguez Sanjurjo
Primitivo Elio Rodríguez Sanjurjo, nado en Ourense en 1880 e finado en Lugo o 20 de decembro de 1947, foi un intelectual e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1880 Ourense, España |
Morte | 20 de decembro de 1947 (66/67 anos) Lugo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Membro de | |
Xénero artístico | Narrativa |
Familia | |
Cónxuxe | Raquel Salgado |
Traxectoria
editarProcedía dunha familia de Pobra de Seabra. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca e en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid. En 1920 marchou a Estados Unidos de América para desempeñar unha cátedra de Literatura Española do século XIX na Cornell University Ithaca (Nova York). Catedrático de instituto en Baeza e Ourense, en 1932 obtivo a praza de catedrático de Xeografía e Historia no instituto de Lugo.
Experto en mitoloxía e astroloxía (introduciu a Vicente Risco no orientalismo), e lector de Rubén Darío, Verlaine e Baudelaire, influíu nos membros da Xeración Nós, especialmente en Otero Pedrayo, cos que compartiu parladoiros e conferencias no Ateneo de Ourense.
Colaborou en La Centuria co pseudónimo de Beta Herculis. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Vida persoal
editarCasou en 1921 con Raquel Salgado, filla de Francisco Salgado López-Quiroga.[1]
Obras
editar- Las mesetas ideales, 1910.
- Escenas de gigantomaquia, 1923.
- Errores de la actual división provincial de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias, 1925.
Notas
editar- ↑ Vida Gallega, 5-11-1921, p. 18.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vázquez-Monxardín Fernández, A. e Arias Chachero, P. (2016): Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su eplistolario con Otero Pedrayo.