Francisco Salgado López
Francisco Salgado López-Quiroga, nado en Monterroso en 1859 finado na Coruña en novembro de 1940[1], foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Francisco Salgado López | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Francisco Salgado y López de Quiroga e Francisco Salgado López-Quiroga |
Nacemento | 1859 |
Monterroso | |
Falecemento | 9 de novembro de 1940 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Irmán de Antonio Salgado López. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1884), dirixiu La Prensa Gallega de Santiago de Compostela en 1885. Comezou a exercer como avogado no Xulgado de Chantada. En 1890 aprovou as oposicións á xudicatura, e tivo o seu primeiro destino en Salas de los Infantes (Burgos). Foi xuíz en Callosa d'en Sarrià (Alacant) en 1902, e despois en Cambados e Pontedeume; foi fiscal da Audiencia de Ourense (1916-1924) e fiscal da Audiencia Territorial da Coruña (1924-1927). Publicou poemas en Vida Gallega e El Eco del Ulla. Utilizou os pseudónimos Proscenio e Lady Sofrosine.
Vida persoalEditar
Casou con Consuelo Boo. A súa filla Raquel casou en 1921 con Primitivo Rodríguez Sanjurjo.
ObrasEditar
En castelánEditar
- El secuestro del poder judicial, 1902.
- Los bacilos y los bastoncitos de doña Perfecta, 1902.
- Poesías, cuentos, aforismos y poemas breves.
En galegoEditar
- A leenda d’un probe. A soedá do campo, 1918.
- A Galicia, 1918.
- Cantares d’a Terra (2 volumes), 1922,1927.
NotasEditar
- ↑ El Compostelano, 9-11-1940, p. 2.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Gato Soengas, Antonio (1993). Deputación Provincial, ed. Francisco Salgado López de Quiroga. Vida e obra poética. Lugo. ISBN 84-86824-31-1.